Andrónico III Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Andrónico III Paleólogo
Андроник III Палеолог.jpg
Nacemento 25 de marzo de 1297
  Constantinopla
Falecemento 15 de xuño de 1341
  Constantinopla
Nacionalidade Imperio Bizantino
Ocupación monarca
Pai Miguel IX Paleólogo
Nai Rita da Armênia
Cónxuxe Irene de Brunswick e Ana de Saboia
Fillos Xoán V Paleólogo, Miguel Paleólogo, Maria-Irene Palaiologina, Irene Paleóloga de Trebizonda e Maria Palaiologos
Irmáns Teodora Paleóloga
editar datos en Wikidata ]

Andrónico III Paleólogo, nado contra o 1296 e finado o 15 de xuño de 1341, foi un emperador bizantino e fillo de Miguel (IX) e da princesa Rita de Armenia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade, o seu comportamento foi tan violento que, trala morte do seu pai Miguel en 1320, o seu avó Andrónico II decidiu desposuílo do seu dereito ao trono. Andrónico rebelouse, pois contaba cun poderoso grupo de apoios, e iniciouse unha guerra civil cuxa primeira fase acabou coa súa coroación e aceptación como co-emperador do seu avó en 1325. As disputas reiniciáronse e, a pesar do apoio dos búlgaros, o vello emperador viuse obrigado a abdicar en 1328.

O seu primeiro ministro durante esta época foi Xoán Cantacuzeno, que logo reinaría como Xoán VI. Durante o seu reinado, Andrónico III estivo case constantemente en guerra, sobre todo cos turcos otománs, que expandiron o seu territorio, conquistando case toda Asia Menor antes da chegada ao poder de Andrónico. No seu reinado, Nicea caeu en mans do emir otomán Orhan I en 1331, e Nicomedia en 1337. Tras estas perdas, só Filadelfia e algúns portos seguiron estando baixo control bizantino. Andrónico anexionou gran parte de Tesalia e de Epiro, pero se perderían poucos anos logo da súa morte, durante un novo período de guerra civil, arrebatados polo crecente poder de Serbia baixo Stefan Dusan. Tamén reorganizou a armada e recuperou Lesbos, Focea e Quíos que estaban en mans dos xenoveses. Morreu en 1341, e foi sucedido polo seu fillo Xoán V Paleólogo.

Imperio Bizantino

Segue a:
Andrónico II Paleólogo
Andrónico III Paleólogo
Precede a:
Xoán V Paleólogo
Dinastía Paleólogo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrónico_III_Paleólogo&oldid=4705389"