Anguila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Territorio Británico de Ultramar de Anguila
British Overseas Territory of Anguilla
Bandeira de Anguila
Escudo de Anguila
BandeiraEscudo
LocationAnguilla.png
Lema: Each Endeavouring, All Achieving
(inglés: «Cada persoa esforzándose, todos acadando»)
Himno: God Bless Anguilla
Capital
 • Poboación
The Valley
830 (2003 est.)
Cidade máis poboadaThe Valley
Lingua oficialInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Isabel II
Tim Foy
Victor Banks
Dependencia do Reino Unido
 • Desde1650
SuperficiePosto 228º
 • Total91 km²
 • % augadesprezable
Fronteiras0 km
Costas61 km
 • Total (2006 est.)13 477 hab.
 • Densidade212.5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Total (2003)US$ 104 mill.
 • per cápita8 600 US$
MoedaDólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
IDHn/d
XentilicioAnguilense
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ai
Prefixo telefónico+1264
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO660 / AIA / AI
Membro de: CARICOM

Anguila[1] é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.

Historia[editar | editar a fonte]

Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes.

Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.

Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.

Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.

O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:

Mapa de Anguila

Outros datos[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida é de 76,7 anos.

A defensa do pais é responsabilidade do Reino Unido.

A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana.

Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anguila&oldid=4877901"