Anisia Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Anisia Miranda
Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda Fernández no día do seu casamento 1957.jpg
Xosé e Anisia no día do seu casamento
Nacemento 30 de decembro de 1932
  Ciego de Ávila
Falecemento 22 de outubro de 2009
  Vila de Cruces
Nacionalidade Cuba e España
Ocupación escritora
editar datos en Wikidata ]

Anisia Miranda Fernández, nada en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, e finada en Gres, Vila de Cruces, o 22 de outubro de 2009, foi unha escritora cubano-galega en lingua galega e lingua castelá, filla adoptiva do Concello de Vila de Cruces.[1]


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Esta es Cuba, hermano. Bos Aires: Editorial Follas Novas, 1960
  • La primeira aventura.
  • Los cuentos del Compay Grillo, 1965.
  • Mitos y leyendas de la antigua Grecia, 1966.
  • Vietnam y tú, 1970.
  • Las vacaciones de Lidia, 1984.
  • La casa de los títeres, 1986.
  • La casa nueva de mis abuelos.
  • Treinta días en Vietnam.

En galego[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil
  • Pardela amiga.
  • Os contos do Compay Grilo.
  • A primeira aventura.
  • A casa dos títeres.
  • A volta do Compay Grilo.
  • Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Edicións do Castro.
  • A cama, a bolboreta e o paxariño. A Coruña: Ediciós do Castro, 1998.
Con Xosé Neira Vilas
  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975.
  • Cantarolas. Xerais, 1995.
Colectivas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anisia_Miranda&oldid=4681513"