Aniversario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O aniversario dunha persoa é o aniversario do seu nacemento. En moitas culturas é costume celebrar o aniversario, por exemplo mediante unha festa con amigos, nas que se intercambian agasallos. As festas de aniversario son moi populares sobre todo entre os nenos. Son unha oportunidade máis para a socialización cos amigos e a familia. Nela, é costume entregar agasallos ao anfitrión e comer unha torta ou pastel ao cal lle son colocadas candeas, para que quen fai anos sopre e as apague mentres os convidados cantan algunha canción de aniversario, sendo entre as máis populares o Parabéns para ti!.

Tradicións de países occidentais[editar | editar a fonte]

A tradición nos países de influencia occidental é cantar algunha canción de aniversario como a máis popular "Parabéns para ti!" ou o "Feliz, feliz no teu día" e o "Ai, que noite tan preciosa" á persoa que fai anos. Polo xeral nunha festa de aniversario proporciónanse diversións, xogos e entretemento á parte da comida e refrescos; o evento comunmente vai acompañado con decoracións e globos.

Entre as diversións poden atoparse:

  • pallasos.
  • magos.
  • xogos inflables e a cama elástica, onde os nenos chimpan e onde son observados para a súa seguridade polos adultos.
  • piñatas.
  • xogos como "Ponlle a cola ao burro" etcétera.

Tamén é costume (polo menos en España e Arxentina) tirar das orellas do "afortunado", unha vez por cada ano que fai. Noutros países (como os EUA) danse tantas nádegadás ou beliscos como anos teña. En Chile, quen fai anos recibe o popularmente coñecido manteo (algunhas persoas adoitan chamalo erroneamente malteo), o cal consiste en tomar as catro extremidades (brazos e pernas) do festexado entre catro persoas para logo levantalo tantas veces como anos ten.

Nena na súa festa de aniversario

Outro costume moi común é, nunha festa de aniversario, levar un gran pastel ou torta decorada con candeas. Suponse que o número de candeas é o mesmo que o de anos que fai a persoa, pero tamén é frecuente o uso de candeas especiais con forma de números.

Tamén, despois de apagar todas as candeas (e retiralas do pastel), pódese pedir a un tempo que o festexado achegue a cara ao pastel para que lle dea un bocado.

A persoa que celebra o seu aniversario a miúdo formula un desexo (nalgúns países tres) en silencio e posteriormente sopra as candeas. Se as sopra todas dun só alento, dise que os seus desexos se farán realidade. Segundo outra superstición, se revela os seus desexos entón non se cumprirán.

O que fai anos adoita recibir (e ás veces dar) agasallos.

Tamén existe a tradición de facer unha festa sorpresa. Os implicados finxen esquecer ou non saber que hai un aniversario, pero se presentan na casa do aludido ou nalgún lugar xa planeado para celebrar a festa.

Existe o costume de asociar unha pedra, quer a esmeralda, zafiro etcétera, co mes de nacemento.

Pastel de aniversario

Astroloxía[editar | editar a fonte]

Os signos astrolóxicos, como os zodiacais, adoitan depender do aniversario de cada un, ou mesmo a hora de nacemento.

Aniversario especial[editar | editar a fonte]

Entre o aniversario especial atópanse os seguintes:

  • Cando se trata dun número de anos significativo (como o primeiro ano de vida) ou un múltiplo de dez, como o aniversario número 10, 20, 50 ou 100.
  • Cando se pasa á idade adulta (en moitos sistemas legais aos 18 anos, noutros aos 17 ou 21), cos consecuentes dereitos e responsabilidades que a persoa afrontará en diante: o permiso para consumir certas drogas (como o alcohol ou o tabaco), o dereito a votar, a posibilidade de ser chamado a loitar nunha guerra, a idade do servizo militar obrigatorio etc.
  • Na cultura xudía, o aniversario número 13 nos homes e o número 12 das mulleres, celebración de Benei Mitzvá),.
  • Na América Latina, a festa de quinceañera para as mozas que fan 15 anos.
  • Datas que na antigüidade remota eran festas agrícolas (principalmente os equinoccios) terminaron converténdose en días festivos, "aniversario" de personaxes relixiosos, como Buda, Xesús, Krishna.
  • O aniversario de personaxes importantes, como Martin Luther King, Simón Bolívar, José de San Martín, José Gervasio Artigas, adoitan acabar converténdose en días festivos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aniversario&oldid=5138762"