Antón Fraguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Antonio Fraguas Fraguas
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Antonio Fraguas Fraguas, c. 1925.jpg
C. 1925.
Nacemento 28 de decembro de 1905
Lugar Insuela, Cerdedo-Cotobade
Falecemento 5 de nov. de 1999 (93 a.)
Lugar Santiago de Compostela
Soterrado Cemiterio de Boisaca
Nacionalidade España
Relixión católica
Alma máter U. de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid
Ocupación historiador, etnógrafo,
antropólogo, xeógrafo
Cónxuxe Teresa Martínez Magariños
Fillos non tivo
Lingua lingua galega, lingua castelá
Período 1923-1999
Debut 1929
Xéneros ensaio
Estudos Licenciado en Filosofía e Letras
Profesión Catedrático de ensino secundario
Organización Irmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Instituto Padre Sarmiento
Real Academia Galega
Consello da Cultura Galega
Cargos Director do Museo do Pobo
cronista xeral de Galicia
Premios Pedrón de Ouro
Medalla Castelao
Premio Trasalba
Premio Otero Pedrayo
Premio das Artes e das Letras
S. Martiño de normalización
Antonio Fraguas Fraguas, sinatura.svg
museodopobo.gal
editar datos en Wikidata ]

Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cerdedo-Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pequeno Antón coa nai e os tíos.

Naceu no lugar de Insuela, parroquia de Santiago de Loureiro, daquela Concello de Cotobade, o 28 de decembro de 1905. Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que emigrou a Niterói —daquela capital do Estado de Río de Janeiro (Brasil)— pouco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, nada en Listanco (Maside) en 1873, solteira. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa.[1] O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar, desta volta todos xuntos, ó Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio.

Alumnos do instituto de Pontevedra co profesor Alfredo de la Iglesia, 1922.

De 1919 a 1924 estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de, entre outros, Daniel Fraga Aguiar, Alfredo de la Iglesia, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e especialmente de Antón Losada Diéguez, que influíu nel e o converteu ó galeguismo.[2] Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra, xunto con outros compañeiros de estudos entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A súa primeira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.[3]

En 1927, nos xardíns da Ferradura.

A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro ano foi a un preparatorio, onde tiñan tres catedráticos: Ciriaco Pérez Bustamante (Historia), Armando Cotarelo Valledor (Literatura) e Ramón Gallego García (Filosofía).[4] En Santiago de Compostela viviu no número 24 da rúa do Hórreo. Animado por Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala, presididas por Vicente Risco, e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía (dirixida por Ramón Otero Pedrayo), Etnografía e Folclore (dirixida por Risco) e Prehistoria (dirixida por Florentino López Cuevillas).[5] Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios permitiulle participar na catalogación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras do Concello de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografía galega, e participou na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciouse na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.

Coa muller, unha cuñada e sobriñas.

O 16 de xullo de 1932 casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobad baixo a súa dirección.[6][7][8]

Participou nas campañas a favor do Estatuto de 1936 e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto.[9] Tivo que traballar no ensino privado e xunto co crego Ramón Davila García creou a Academia Menéndez y Pelayo no pazo de Amarante,[a] ata que en 1950 puido recuperar a cátedra de instituto e puido doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o Colexio de Fonseca.

Traslado de Lugo a Santiago, 1959.

O 6 de maio de 1950[10] foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo[11] (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ao Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.

Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.

O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao.[12] Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Otero Pedrayo.[13] Durante uns meses de 1997 foi presidente en funcións da institución.[14]

En 1955 traballou na biblioteca da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente.

En 1969 organizou, en colaboración con Xoán Naya Pérez e Ricardo Carballo Calero organizou unha exposición sobre o traxe galego nos locais do Instituto Padre Sarmiento.[15]

Tumba en Boisaca, Santiago de Compostela.

Outros cargos e actividades que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega (1983), promotor, membro numerario e bibliotecario da Real Academia Galega de Ciencias,[16] correspondente da Real Academia de la Historia, a Associação dos Arqueólogos Portugueses e a Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. En 1992 o consello da Xunta de Galicia nomeouno cronista xeral de Galicia.[17] En 1994 dooulle ao museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20 000 volumes.[14]

Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, aos 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ao lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, no cemiterio de Boisaca.[18][19]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega, recensións, conferencias, catálogos de exposicións, pregóns e programas de festa. Velaí unha listaxe non exhaustiva:[20]

  • "Unha serán na catedral", 1929, A Nosa Terra 261, p. 9-10.
  • "O Entroido nas terras do Sul de Cotobade", 1930, Nós 77. p. 84-94.[21]
  • "Do folk-lore de Armeses-Listanco", 1931, Nós 96. pp. 221–227.[22]
  • "As lêndas da Fonte Pormás", 1932, Nós 108, pp. 218–221.[23]
  • "O pazo", 1933, Universitarios. Revista de la F.U.E. 2, p. 9.[24]
  • "Noite", 1933, Cristal 8. p. 11.
  • "Domingo de ramos na aldea", 1933. Cristal 10. p. 23.
  • "Nos cantamos?", 1935, Logos. Boletín católico mensual 47, p. 95-96.
  • "Una página de la vida académica del Doctor Fontán", 1946, en D. Domingo Fontán y su mapa…, IPS. p. 119-124.[25]
  • "Máscaras y sermones del carnaval en Cotobad", 1946, RDTP t. II, p. 435-457.
  • "Notas de azabachería compostelana", 1946, El Museo de Pontevedra t. IV, p. 61-68.
  • "Escritos no coleccionados de Rosalia de Castro (VII)", 1946, CEG t. II. p. 477-478.
  • "Contribución al estudio de la Navidad en Galicia", 1947, RDTP t. III. p. 401-446.
  • "Fiestas populares de Galicia: fiadeiros", 1949, CEG t. IV. p. 397-427.
  • "El Título del Bachiller Pedro de Vitoria, primer catedrático del Estudio", 1951, CEG t. VI, p. 279-282.
  • "Farsas de carnaval en Touro (Coruña)", 1951, CEG t. VI, p. 431-441.
  • "Apuntes para la historia del Hospital de Ribadiso da Ponte", 1951, Lar (Buenos Aires) 213, p. 61-62.
  • "Aportación al estudio de la dote", 1952, Lar (Buenos Aires) 224-225, pp. 63–64.
  • Geografía de Galicia, 1953, Porto y Cía editores.[26]
  • "Apuntes sobre mámoas lucenses", 1953, CEG t. VIII, p. 142-146.
  • "Espera en rumbosa puente", 1953, Lar (Buenos Aires) 236-237, p. 16.
  • "Músicos y cantores populares", 1954, Lar (Buenos Aires) 248-250, p. 11-12.
  • "El tizón de Navidad", 1954, Airiños 13, p. 14.
  • "Grupo dolménico de Monte Orgoso", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología (1953), p. 409-410.
  • "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología, pp. 411–412.
  • "El molino de Paula", 1955, Lar (Buenos Aires) 260-262, pp. 35–36.
  • "La Madamita de Castro Pedro", 1955, Vida Gallega 670/4, p. 43.
  • "El Colegio de Santiago Alfeo", 1955, Vida Gallega 671/5, p. 24.
  • "El nacimiento del Miño y sus leyendas", 1955, Vida Gallega 674/8, p. 12.
  • "Recuerdos de Navidad", 1955, Vida Gallega 676/10, p. 16.
  • Historia del Colegio de Fonseca, 1956, anexo XI de Cuadernos de Estudios Gallegos.
  • "Don Gumersindo Laverde y Ruiz, catedrático del Instituto de Lugo", 1956, CEG t. XI, p. 307-312.
  • "La farsa de Casadenaya", 1956, Boletín de la Real Academia Gallega nº 309-320, p. 162-166.[27]
  • "Siempre los caminos", 1956, Lar (Buenos Aires) 272-274, p. 25 e 28.
  • "Motivos del Carballino", 1956, Vida Gallega 716/20, p. 11.
  • Santiago de Compostela, 1957, Temas españoles n.º 332, Publicaciones españolas.[28]
  • "El aguinaldo de Reyes", 1957, Vida Gallega 718/22, p. 17.
  • "El sermón de Duarria", 1957, Vida Gallega 721/25, p. 18.
  • "La noche de San Juan", 1957, Vida Gallega 723/27, p. 35
  • "Fiesta Real en Lugo", 1957, Vida Gallega 727/ 31, p. 4-5.
  • "El paisaje del Ribero", 1957, Vida Gallega 728/32, p. 4-5.
  • "Costumbres de fin de año", 1957, Vida Gallega 729/33, p. 4.
  • "Tres hombres de la feria", 1957, Lar (Buenos Aires) 284-286, p. 36 e 38.
  • Los colegiales de Fonseca, 1958, anexo XII de Cuadernos de Estudios Gallegos.
  • "Paisaxe e historia nas conversas de D. Ramón Otero Pedrayo", 1958, Homaxe da Galicia Universal, p. 15-17.
  • "Posibilidades del paisaje gallego: El paisaje en el cine", 1958, Vida Gallega 730/34, p. 20-21
  • "El traje tradicional en la artesanía gallega", 1958, Vida Gallega 731/35, p. 12-13.
  • "La perla de la ría", 1958, Vida Gallega 732/36, p. 16-17.
  • "Tradición y recuerdo de la Semana Santa campesina", 1958, Vida Gallega 733/37, p. 22-23.
  • "El libro y la enseñanza", 1958, Vida Gallega 734/38, p. 29
Historia del Colegio de Fonseca, 1956.
  • "El Miño y Orense", 1958, Vida Gallega 735/39, p. 16-17.
  • "De Lugo a Vigo por Lalín", 1958, Vida Gallega 736/40, p. 23
  • "En torno a las rías de Ferrol, Ares y La Coruña", 1958, Vida Gallega 737/41, p. 8-11.
  • "Caminos de Pontevedra", 1958, Vida Gallega 738/42, p. 9-11.
  • "La ronda por la muralla", 1958, Vida Gallega 739/43, p. 8-9.
  • "Algunos dichos del vino", 1958, Vida Gallega 740/44, p. 26-27.
  • "Cementerios campesinos", 1958, Vida Gallega 741/45, p. 26-27.
  • "La mutación del paisaje", 1959, Vida Gallega 742-743/46-47, p. 38-39.
  • "Al comienzo de la Ría", 1959, Vida Gallega 744/48, p. 20-21.
  • "Paisaje de valle y de ribera", 1959, Vida Gallega 745/49, p. 16-17.
  • "De Bayona a Tuy por la Guardia", 1959, Vida Gallega 746/50, p. 7-9.
  • "Hacia el paisaje de las cumbres orensanas", 1959, Vida Gallega 747/51, p. 7-9.
  • "Viejos estudios compostelanos", 1959, Vida Gallega 748/52, p. 24-25.
  • "En torno a la Costa de la Muerte", 1959, Vida Gallega 749/53, p. 15-17.
  • "Fiestas pontevedresas", 1959, Vida Gallega 750/54, p. 16-17.
  • "Sobre el recuerdo lucense", 1959, Vida Gallega 751/55, p. 19-20.
  • "Tierras de Portugal", 1959, Vida Gallega 752-753/ 56-57, p. 42-43.
  • "El conde de Covelo", 1959, Lar (Buenos Aires) 302, p. 17-18.
  • "La antigua casa de la Carnicería en Santiago", 1960, CEG t. XV, 47, p. 349-352.
  • "La virgen en el cancionero popular gallego", 1960, El Museo de Pontevedra XIV, p. 67-88.
  • "Predicción del tiempo y cosechas en el saber popular", 1960, Vida Gallega 754/58. p. 21-22.
  • "El litoral lucense", 1960, Vida Gallega 757/61. p. 4-5.
  • "De Orense a Viana por Verín y la Gudiña", 1960, Vida Gallega 758/62. p. 9-11.
  • "Arte en Compostela: Mª del C. Mariño Taboada", 1960, Vida Gallega 758/62. p. 42.
  • "En el noroeste galaico", 1960, Vida Gallega 760/64. p. 20-21.
  • "Arte en Compostela: Exposición de pintura", 1960, Vida Gallega 760/64. p. 61.
  • "Arte en Compostela: exposición Suárez Ferreiro…", 1960, Vida Gallega 761/65. p. 15.
  • "Arte en Compostela: Fernández Sánchez…", 1960, Vida Gallega 762-763/66-67. p. 5.
  • "La pintura en los museos y colecciones particulares", 1960, Vida Gallega 764-765/68-69. p. 11.
  • "El crucero de Barreiros", 1960, Lar (Buenos Aires) 304, p. 37-38.
  • "Notas sobre el recibimiento del Arzobispo Don Maximiliano de Austria", 1961, Compostellanum v. VI, nº 2, p. 333/157-343/167.
  • "Arte en Compostela: Gonzalo R. de la Cuesta…", 1961, Vida Gallega 766/70, p. 61.
  • "Arte en Compostela: Roberto González del Blanco…", 1961, Vida Gallega 768/72, p. 13-15.
  • "Los antiguos gremios del mar", 1961, Vida Gallega 771-772/75-76, p. 23-25 e 28.
  • "Arte en Compostela: Antonio Moragón…", 1961, Vida Gallega 771-772/75-76, p. 109.
  • "Castros de la comarca lucense", 1962, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XVII, p. 307-328.
  • "Decir de historiadores", 1963, El Eco Franciscano 1383, p. 327-331.
  • "Sangüesa y la peregrinación a Compostela", 1964, Compostellanum v. IX, nº 2. p. 329-330/161-162.
  • "Algunos dichos y creencias acerca de los animales", 1965, Actas do Congresso Internacional de Etnografía, 1963. v. III, p. 231-253.
  • "Influencia de la emigración al Brasil…", 1965, Actas do V Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros v. I, p. 5-15.
  • "Origen de la Universidad compostelana", 1965, Dios lo quiere 109, Vitoria, p. 7-9.
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.
  • "Manuel Murgía en Valladolid", 1966, Abrente (Valladolid), p. 37.
  • "Emplazamiento de ferias en Galicia a fines del siglo XVIII", 1968, CEG t. XXIII, p. 200-223.
  • "Notas sobre el paso de los franceses por Lugo", 1968, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXIII, p. 337-346.
  • "Sebastián González García-Paz: Notas da súa vida e do seu tempo", 1968, Grial 21, p. 334-357.
  • "Notas de artistas en tierras lucenses", 1969, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXIV, p. 110-125.
  • "Don Paulino Pedret Casado", 1970, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXV, p. 5-19.
  • "Derechos de paso por el puente de Rábade", 1970, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXV, p. 245-253.
  • "Santiago y su tierra en el catastro del Marqués de la Ensenada", 1970, CEG t. XXV, p. 299-310.
  • "Lembranza de unha xeneración", 1970, Cincuentenario Nós, p. 37-38.
  • "Aquilino Iglesias Alvariño", 1970, Boletín de la Real Academia Gallega nº 352, p. 454-460.[27]
  • La Galicia insólita, 1973, Librigal.
  • Lugo, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1974.
  • "La sociedad Amigos del Arte de Santiago de Compostela", 1974, Abrente (Santiago de Compostela) 6, p. 39-61.[29]
  • "Castelao en Cotobade", 1975, Boletín de la Real Academia Gallega nº 357, p. 54-59.[27]
  • "Lembrando a Paulino Pedret Casado", 1977, Boletín de la Real Academia Gallega nº 359, p. 321-334.[27]
  • Manuel Murguía, 1979, Colección "Hombres que hicieron Galicia", Banco del Noroeste.[30]
  • "Literatura oral en Galicia", 1980, Evolución cultural de Galicia: ciclo de conferencias, CAV.[31]
  • "O M.I. Sr. Dr. Salustiano Portela Pazos", 1980, Boletín de la Real Academia Gallega nº 360, p. 490-496.[27]
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985, Fundación Otero Pedrayo.
  • El traje gallego, 1985, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra, 1986, Real Academia Galega.
Romarías e santuarios, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia.[32]
  • Romarías e santuarios, 1988, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia.[32]
  • Celso Emilio Ferreiro, 1989, Real Academia Galega.
  • Galicia máxica, 1991, Biblioteca 114 nº 49, El Correo Gallego, Editorial Compostela.
  • La Puerta Santa, 1993, Ediciós do Castro, Sada.
  • O conto de Serafín. O santuario da Franqueira, 1993, Contos do Castromil.
  • Do Entroido, 1994, Museo do Pobo Galego.[c]
  • A festa popular en Galicia, 1995, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro.[33]
  • As cousas de Antonio de Insuela, 1996, Colección de autores 3, El Correo Gallego / Caja de Madrid.[34]
  • Cantigueiro de Cotobade, 1998 (reedición), Ediciós do Castro, Sada.
  • "Festa equinoccial", 1998, 23 letras para un pais, O Correo Galego, p. 29-32.
  • "Lembrando a Manuel Fabeiro", 1998, Día das letras galegas, Sociedad Liceo, Grupo filatélico, p. 13-14.
  • "Don Xosé Fernando Filgueira Valverde", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 13-14.[d]
  • "Lenda e poesía popular nas nosas rías, no noso mar", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 335-348.[d]
  • "Antropólogos de comenzos de século…", 1998, El Museo de Pontevedra t. LII, p. 135-162.
  • "Ángel Ilarri un amante de Vigo e do seu mar", 1998, Castrelos 11, p. 13-14.
  • "Terra de Montes e terras veciñas", 1998, Cotaredo 1, Forcarei. p. 8-10.[35]
  • "Recuerdo del molino y moler: algo de las “muiñadas” de Antonio de Insuela", 1998, Molinum 1, p. 5-7.
  • "Laudatio de Castelao", 1999 (reed.), Presenza de Castelao na Academia, RAG, p. 29-31.[36]
  • "As festas populares", 1999, en Circular polo Saviñao, Círculo Saviañao, p. 171-177.
  • "As augas misteriosas", 1999, en Las aguas de la Provincia de Ourense, p. 115-126, RAGC.
  • "O lugar e a casa onde nacín", 1999, Grial 144, p. 621-629.[37]
  • "Manuel Vázquez Seijas", 2000, Boletín da Real Academia Galega nº 361, p. 288-289.[27]
  • "Xaquín Lorenzo Fernández", 2000, Boletín da Real Academia Galega nº 361, p. 297-299.[27]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Busto feito por Camilo Seira, na avda. de Antón Fraguas, en Compostela.

Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973. En 1984 concedéronlle o Pedrón de Ouro, a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego[14] e a Medalla Castelao da Xunta. Recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1985.[38] Foi Premio Otero Pedrayo das deputacións provinciais en 1992,[39] ano en que tamén foi nomeado cronista xeral de Galicia.[e][17] Déronlle o Premio das Artes e das Letras de Galicia en maio de 1995.[40] En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela e en 1996 obtivo o Premio San Martiño de normalización lingüística do Concello da Estrada.

Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, clasificada como de interese cultural e declarada de interese galego,[41][42] co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o "Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas".[43]

Leva o seu nome o "IES Antonio Fraguas" de Santiago de Compostela,[44] así como rúas en varias cidades e vilas.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno,[45] que é a que foi finalmente escollida. O 7 de xullo de 2018 os membros do plenario da Real Academia Galega escollérono para ser a figura homenaxeada do ano 2019.[46] As candidaturas finalistas foron a de Fraguas —defendida por Pegerto Saavedra, Andrés Torres Queiruga, Salvador García-Bodaño e Francisco Díaz-Fierros—, que levou 16 votos a favor e, de novo, a de Ricardo Carballo Calero, que tivo oito (houbo unha abstención).[47][48]

En 2018-2019 o concello de Cerdedo-Cotobade organizou actos en recoñecemento da súa persoa durante ano e medio, ata o vixésimo aniversario da súa morte.[49]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Inscrición de nacemento do Rexistro civil de Cotobade, 1906
Con compañeiros e persoal do Instituto de Pontevedra, en 1922
En 1928, nunha xuntanza do SEG, nas Ruínas de San Domingos
Informe do alcalde da Estrada sobre o "Grupo Galleguista", 10/5/1937
Certificado expedido pola Falanxe, a efectos de tomar parte en oposicións, 1943
Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro, 1947

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Edificio no que despois estarían os xulgados e hoxe alberga o Consello Económico e Social de Galicia.
  2. Foi nas Ruínas de San Domingos, en Pontevedra. Véxase o reverso manuscrito por Fermín Bouza-Brey en 1955.
  3. Versión en galego de tres traballos xa publicados anteriormente en castelán.
  4. 4,04,1 En Antropoloxía mariñeira. Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra.
  5. "Como distinción e recompensa ós méritos singulares […] pola súa destacada actividade e servicio en beneficio dos intereses da investigación da historia de Galicia."
Referencias
  1. González Pérez 1998, p. 7.
  2. González Pérez 1998, p. 9-10.
  3. Latas 1995, p. 497/55.
  4. Latas 1995, p. 496/54.
  5. Lorenzo Vázquez 2000, p. 316.
  6. "Voz de Cotobad, La". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  7. Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8. 
  8. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. pp. 494–495. ISBN 84-8288-137-X. 
  9. Antón Fraguas na páxina web Nomes e Voces.
  10. "O. de 18/4/1950 por la que se nombran… Catedráticos numerarios de «Geografía e Historia» de Institutos Nacionales de Enseñanza Media" (PDF). BOE (en castelán). 6/5/1950. 
  11. Prado 2011, p. 149-162.
  12. "Membros da Academia. De número". RAG. 
  13. "As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro e Cotobade" con resposta de Otero Pedrayo.
  14. 14,014,114,2 "Antonio Fraguas Fraguas: A figura" Museo do Pobo Galego.
  15. gonzález Pérez 1998, p. 58.
  16. "A institución. Historia". Real Academia Galega de Ciencias. 
  17. 17,017,1 Decreto 9/1992, polo que se nomea a Antonio Fraguas Fraguas cronista xeral de Galicia DOG n.º 19 de 29/1/1992.
  18. Hermida, X. (6/11/1999). "Necrológicas: Antón Fraguas, cronista oficial de Galicia". El País (en castelán). 
  19. Ballesteros, Á. (6/11/2017). "Fallece Antón Fraguas, el último de la Xeración Nós. El etnógrafo murió en 1999 en Santiago a los 93 años". La Voz de Galicia (en castelán). 
  20. Méndez García 2006, p. 256-267.
  21. "O Entroido nas terras do Sul de Cotobade" en Galiciana.
  22. "Do folk-lore de Armeses-Listanco" en Galiciana.
  23. "As lêndas da Fonte Pormás" en Galiciana.
  24. Nos 1 e 2 de Universitarios facsímiles, na Cervantes virtual.
  25. D. Domingo Fontán y su mapa de Galicia imaxe da portada.
  26. Geografía de Galicia imaxe da portada.
  27. 27,027,127,227,327,427,527,6 Artigos de A. Fraguas Boletín da RAG.
  28. Santiago de Compostela imaxe da portada.
  29. "La sociedad Amigos del Arte de Santiago de Compostela"
  30. Índice do libro Manuel Murguía (1979)
  31. En Evolución cultural de Galicia imaxe da portada.
  32. 32,032,1 Romarías e santuarios en Google Books.
  33. A festa popular en Galicia imaxe da portada.
  34. As cousas de Antonio de Insuela imaxe da portada.
  35. Revista Cotaredo, n.º 1, 1998 en tabeirosmontes.com
  36. Presenza de Castelao na Academia: textos inéditos e outras páxinas
  37. "O lugar e a casa onde nacín" en Grial 144 (vía Google Books).
  38. "Premio Trasalba. Relación de premios". Fundación Otero Pedrayo. 
  39. Premios Otero Pedrayo. Personalidades e entidades premiadas
  40. Hermida, Xosé (18/5/1995). "El antropólogo Antón Fraguas, premio de las Artes y las Letras de Galicia". El País (en castelán). 
  41. "Orde do 7 de setembro de 1999 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Antonio Fraguas Fraguas" DOG.
  42. "Orde do 18 de outubro de 1999 pola que se declara de interese galego a Fundación Antonio Fraguas Fraguas…" DOG.
  43. "Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas" Deputación da Coruña.
  44. "IES Antonio Fraguas". Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
  45. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…". RAG. 13/6/2017. 
  46. "O Día das Letras Galegas de 2019 estará dedicado a Antón Fraguas". Real Academia Galega. 7/7/2018. 
  47. "A Academia elixe o 7 de xullo a figura que será homenaxeada o Día das Letras de 2019". RAG. 26/6/2018. 
  48. "Antón Fraguas será a figura das Letras Galegas homenaxeada en 2019". Diario de Pontevedra. 7/7/2018. 
  49. "Cerdedo-Cotobade recorda a Antonio Fraguas no vixésimo aniversario do seu pasamento". Pontevedra Viva. 20/4/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bugallo, Ánxela (2006). "Presentación". Antonio Fraguas…. 
Díaz Pardo, Isaac (2006). "Presentación". Antonio Fraguas…. 
Martínez Cimadevila, José-Carlos (2006). "Presentación". Antonio Fraguas…. 
"Limiar dos editores". Antonio Fraguas…. 2006. 
Fernández del Riego, Francisco (2006). "O galeguista de Cotobade". Antonio Fraguas…. 
González Pérez, C. (2006). "Vida e obra". Antonio Fraguas…. 
González Reboredo, X. M. (2006). "O etnógrafo Antonio Fraguas". Antonio Fraguas…. 
Eiras, A. (2006). "O profesor Antonio Fraguas e as súas achegas…". Antonio Fraguas…. 
Guitián, Lois (2006). "A xeografía na obra de don Antonio Fraguas". Antonio Fraguas…. 
Enríquez, M.ª X. (2006). "Don Antonio Fraguas: unha vida dedicada…". Antonio Fraguas…. 
Beramendi González, Justo (2006). "O soldado fiel". Antonio Fraguas…. 
García, Carlos (2006). "Na rodeira do Seminario de Estudos Galegos". Antonio Fraguas…. 
Fernández, María-Xosé (2006). "Os doce mil fillos de don Antonio". Antonio Fraguas…. 
Precedo, M. X. (2006). "A relixiosidade de don Antón Fraguas". Antonio Fraguas…. 
Méndez García, Rosa Mª (2006). "Bibliografía". Antonio Fraguas…. 

 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Multimedia externa
Imaxes
No Simposio Internacional de Antropoloxía de 1992
Vídeos
Secretaría Xeral da Emigración Xunta de Galicia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
 Emilio González López 
 Cronista xeral de Galicia 
1992 - 1999
Sucesor:
Antonio Eiras Roel
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antón_Fraguas&oldid=4827214"