Antón Reixa
Antón Reixa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Antonio Javier Eulogio Rodríguez Reija |
Nacemento | 17 de abril de 1957 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, cantante, director de cine, músico e mestre |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras estudar o Bacharelato nun coñecido instituto da cidade, o Labor, un colexio disciplinado e masculino, ao estilo da época, Reixa realiza a carreira de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entra en contacto coas vangardas literarias. En 1976 funda, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente.
Froito desta etapa literaria, Reixa publica a finais dos setenta varias obras poesía, como o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do travesti. Chega a ser profesor de lingua e literatura galegas pero pronto abandonará a docencia para embarcar na música.
Música[editar | editar a fonte]
A comezos dos oitenta, Vigo é un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo. O ambiente tamén cala en Antón Reixa, que lle regala a súa batería ao seu amigo Julián Hernández, a condición de que forme un grupo. E así, simplificando un pouco, nace Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total.
Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañarán a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos, en 1982. "Fai un sol de carallo" convértese no seu primeiro éxito de "masas". Reixa canta.
Os Resentidos deixa paso, en 1995, a outro proxecto, Nación Reixa, que o leva a colaborar co desaparecido grupo vasco Negu Gorriak. Mentres, o polifacético Reixa non deixa de experimentar noutras artes. Escribe teatro, fai videoclips musicais, programas de radio, e tamén traballa no eido audiovisual, como actor, produtor e director.
Audiovisual[editar | editar a fonte]
En 1998, estréase na TVG, baixo a dirección de Reixa, Mareas vivas, unha serie ambientada na Galicia mariñeira actual que bateu récords de audiencia na canle autonómica.
Un ano máis tarde, e con parte do equipo de Mareas vivas, Antón funda Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora é a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. Esta vez, Reixa atrévese coa dirección de longametraxes.
Recentemente volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli. Tamén en 2006 produciu o programa da TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco.
En maio de 2012 foi elixido presidente da SGAE,[1] 8 de maio de 2012 posto que deixou o 16 de xullo de 2013.[2]
O 28 de outubro de 2016 tivo un accidente de tráfico na provincia de Valladolid ao quedar durmido conducindo, e pasou 18 días en coma inducido.[3]
Libros[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- As ladillas do travesti (1979). Rompente.
- Historia do rock and roll (1985). Universidade de Santiago de Compostela.
- Ringo Rango (1992). Xerais.
- Viva Galicia beibe (1994). Positivas. Reeditado como Viva Galicia Beibe (Cancións 1982-2016) en Xerais.
- Escarnio (1999). 52 Promociones Musicales.
- Látego de algas (2008). Espiral Maior.
- Leccións de cousas (2011). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones, Madrid. Edición en galego, castelán e inglés. Contén os libros Maldicir, 'Cicatriz barullo e Twist and shout esperanza.
- Algo raro pasa raro (2015). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones. Edición en galego e castelán.
- Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma. (2018). Edicións Xerais.[4]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Transporte de superficie (1990). Edicións Positivas.
Libros de conversas[editar | editar a fonte]
- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso (2012. Xerais).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Silabario da turbina (1978). Con Grupo Rompente.
- ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! (1979). Con Grupo Rompente.
- A dama que fala (1983). Xerais. Con Grupo Rompente.
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- Días contra fotocopias (1987) con Menchu Lamas e Antón Patiño.
- Na boca do lobo (1998). Tris Tram.
- Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006), Xerais.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011), La Voz de Galicia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios literarios[editar | editar a fonte]
- Premio Galicia no 1984, por Historia do rock and roll.
Discografía[editar | editar a fonte]
Con Os Resentidos
- Surfin' CCCP (Grabaciones Accidentales, 1984; EP compartido con Siniestro Total)
- Vigo, capital Lisboa (GASA/DRO, 1984)
- Fai un sol de carallo (GASA/DRO, 1986)
- Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987)
- Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988)
- Jei (Grabaciones Accidentales, 1990). Elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
- Delikatessen (GASA, 1991)
- Están aquí (GASA, 1993)
- Made In Galicia 1982-1994 (GASA, 1994; recompilatorio)
Con Nación Reixa:
- Alivio rápido (1994)
- Safari mental (1997)
- Participación nos dous dobres CDs do programa Xabarín Club
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Reixa, crítico co uso da banda larga", 8 de maio de 2012, Galicia Confidencial.
- ↑ "Antón Reixa: «Soy una víctima del fuego cruzado de una red organizada»", 16 de xullo de 2013, La Voz de Galicia.
- ↑ “El coma es muy vulgar”, El País, 6 de maio de 2017 (en castelán)
- ↑ Salgado, Daniel (19 de outubro de 2018). "Esperanza e coraxe de Antón Reixa". Praza Pública. Consultado o 19 de outubro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antón Reixa na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Filmografía
- O audiovisual agora
|