Antón Tovar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.
Antón Tovar
Nome completo Antón Tovar Bobillo
Nacemento 26 de outubro de 1921
Lugar Rairiz de Veiga
Falecemento 16 de xuño de 2004
Lugar Ourense
Soterrado Cemiterio de San Francisco de Ourense
Nacionalidade España
Relixión católica
Ocupación poeta
Cónxuxe Antonia Mirayo Pérez, Tucha
Fillos non tivo
Período 1955-2004
Movemento existencialismo, intimismo
Xéneros poesía, relato breve, ensaio
Coñecido/a por Arredores
Influencias Rosalía, Curros, R. Darío, Machado, Baudelaire[1]
Profesión funcionario de facenda
Pra Antonio Cid, unha aperta agradecida, A Tovar, Ourense 19-maio-1975.svg
editar datos en Wikidata ]

Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus.[2] Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pasou parte da infancia en Celanova. Despois trasladouse coa familia a Ourense, onde fixo o bacharelato, recibindo clases de Ramón Otero Pedrayo, e onde pasaría a maior parte da súa vida. María del Carmen Fernández, muller de Vicente Risco, era curmán da nai de Tovar. Risco emprestaríalle a Tovar libros de Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela, Gonzalo López Abente e Rosalía de Castro.[3]

En 1940 iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Filosofía e Letras, carreira que abandonou para ingresar como novizo nos xesuítas de Salamanca, onde permanece pouco máis dun ano (1941-1942). En maio de 1941 morreu o seu pai.

En 1942 gaña a oposición a Contador do Estado, sendo destinado primeiro a León e un ano despois a Ourense, cidade na que exerceu como funcionario do Ministerio da Facenda e onde estabeleceu relación con Otero Pedrayo, Risco (a quen veneraba a pesar das diferenzas ideolóxicas que mantiñan),[4]Florentino López Cuevillas, Xesús Ferro Couselo, Alberto Vilanova, Xosé Luís López Cid, Xaquín Lorenzo e Luís Trabazo.

Na década dos cincuenta iniciou a súa actividade literaria en castelán co poemario Barro de nadie (1955). Despois de varios poemarios nesa lingua, en 1962 edita en galego Arredores, ao que seguirían outros. Nas súas primeiras obras está presente a reivindicación do idioma, pero a súa poesía caracterízase por un existencialismo pesimista que está presente ao longo de toda a súa produción. Segundo el mesmo: Rosalía, Curros, Rubén, Antonio Machado, Baudelaire, Francis Jammes, Blas de Otero, Teixeira de Pascoaes, Pessoa, Antero de Quental, Torga e, sobre todo, Antón Tovar, son os autores que inflúen na obra de Antón Tovar.[1]

Para Facenda traballou até 1967, cando foi expulsado pola súa militancia clandestina no PCE-PCG. Nesa altura, comezou a traballar na libraría Tanco, e tivo acceso a libros prohibidos pola censura.

Fun apartando os seres,
i o costume de telos tan á mau,
tan perto de un,
tanto que resultaban enemigos.
Fun apartando días
i as recordanzas todas congregadas
nunha soia amargura

[…]

— "I elí quedeime", Arredores, 1962

En 1968 coñeceu a Antonia Mirayo Pérez, "Tucha", coa que casou ese mesmo ano,[5] que o acompañaría ata o 16 de xullo de 2000, data de pasamento dela. En febreiro de 1973 viaxou até México con Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín, convidados polo Goberno daquel país para participar na homenaxe a León Felipe.[6]

Aínda que Tovar é fundamentalmente poeta, tamén publicou relatos curtos, diarios e ensaio. Colaborou pouco na prensa e en revistas, e non deu recitais nin ditou conferencias.[7]

Nos Xogos florais de Guimarães de 1960 obtivo o primeiro e o terceiro premio polos poemas "O can" e "Responso saudoso pra D. Enrique o Navegante". Recibiu o premio Amor Ruibal no ano 1966 polo ensaio "Xoán XXIII e a Terra". De novo nos Xogos florais de Guimarães, outorgáronlle o primeiro premio por "Deume a risa", en 1972. Déronlle un Premio da Crítica Galicia (1981) por Calados esconxuros, o Losada Diéguez (1991) e o Celanova, Casa dos poetas (2003). En 2002, o plenario da RAG designou por unanimidade a Antón Tovar para ser o representante dos poetas galegos para optar ao Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (11ª ed.).[5]

Foi membro correspondente da RAG desde o 29 de xaneiro de 1984,[5] e membro de honra, desde o 15 de marzo de 1997.[8]

Despois dunha prolongada enfermidade, faleceu en Ourense na madrugada do mércores 16 de xuño de 2004. As súas cinzas foron depositadas no cemiterio de San Francisco.[9]

Debido a época na que desenvolve a súa obra pódese considerar un autor da "Promoción de enlace"[10][11][12]

No ano 2005 o Concello de Rairiz de Veiga, o Museo da Limia, o Centro de Cultura Popular do Limia e o Liceo de Ourense convocaron a primeira edición do Premio de Poesía Antón Tovar.[4]

En 2006 a Consellería de Cultura publicou un disco, titulado Arabela da pluma, no que o cantautor valdeorrés Anxo Rei (Ángel Rey Núñez) puxo música a varios poemas de Tovar, extraídos de Arredores, Non, O vento no teu colo, Berros en voz baixa e A nada destemida: "Tanto que camiñei"; "Pluma que tes"; "O medo vai e vén"; "Ouvín un paxaro"; "Ca miña señor"; "Dixéronme que non"; "Vas e ves"; "Palabras"; "Digo sí digo non" e "Eu quería".[13]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Non, 1967.

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • A grande ilusión e outros contos (1989, Galaxia).[20]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Publicou dous libros —Arredores e Non— nos que se amosa como un dos máis serios e bariles poetas deste tempo.

—  Francisco Fernández del Riego.[21]

  • "Xoán XXIII e a Terra" (1966), publicado na Hoja del Lunes de Orense. Premio Amor Ruibal.
  • Diario sin datas (1987, Ediciós do Castro).[22]
  • Diario íntimo dun vello revoltado (2001, Galaxia).[23][24]
  • Antonio Tovar: conversas cun vello revoltado, de X. M. del Caño (2005, Galaxia).[25]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

É o poeta de menor resoancia libresca, o máis auténtico, no senso de que a súa poesía xurde de seu, sin artificio, cun pulo persoal, dun mínimo mangado de temas sentidos ousesivamente e manifestados nunha creación esquía e teimuda, sempre arredor do anceio de comunicación coma tema dominante.

— Basilio Losada.[15]

  • Os cen mellores poemas da lingua galega (1970, Lugo, Celta) de X. Alonso Montero.[26]
  • Poetas gallegos contemporáneos (1972, Barcelona, Seix Barral) de B. Losada. Ed. bilingüe.[27]
  • Desde mil novecentos trinta e seis (1995, Ediciós do Castro).[28]
  • Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, CCG). Libro con 2 CD,s.[29]
  • "Oración", p. 65 en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, CCG).[30]
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).[31]

Libros de homenaxe[editar | editar a fonte]

  • Antón Tovar na Limia (2007, Xunta de Galicia).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Multimedia externa
Imaxes
Foto, por Blanco Amor no Castro de Beiro, anos 60.
Retratado por Pili Prol en La Voz de Galicia, 2002.
Gravacións de son
"O can" e "Cando eu morra" recitados polo autor.
  • Barro de nadie [1955]. Permaneceu inédito ata 1987.
  • El tren y las cosas (1960, Ed. Comercial, Ourense). Con debuxos de Virxilio. Premio de poesía «Marina».[32]
  • El ladrido (1961, Trebolle, Ourense).
  • La Lanzada: versos hacia el mar (1964, La Editora Comercial, Ourense). Inclúe tres poesías en galego.
  • La barca (1974, Bilbao). Libro que xa rematara en 1961.
  • Poesía en castellano (1955-1973) (1987, Deputación de Ourense). Con debuxos de Xaime Quessada.
  • Los versos de mi camilla: 4 formas (1997, Edicións do Castro).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Tovar Bobillo, Antonio (2001). Diario íntimo dun vello revoltado. Literaria. Galaxia. p. 36. ISBN 84-8288-439-5. 
  2. "Tovar Bovillo, Antón". Enciclopedia Galega Universal 16. p. 125. 
  3. Tovar, Antonio (1974). "Autopoética ou o que sexa". Poesía galega completa. Arealonga. Akal. pp. 19–22. ISBN 84-7339-069-5. 
  4. 4,04,1 González Blasco, Luis et al. "Tovar Bovillo, Antón". Gran Enciclopedia Galega. 
  5. 5,05,15,2 Alonso Montero, Xesús (2005). "Antonio Tovar Bobillo" (PDF). Boletín da Real Academia Galega (355): 416–417. ISBN 84-87987-62-1. 
  6. "Falece en Ourense Antón Tovar, o poeta do pesimismo". culturagalega.gal. Consello da Cultura Galega. 17/6/2004. 
  7. Méndez Ferrín 1984, p. 236.
  8. RAG. Membros de honra
  9. "Fallece el poeta gallego Antón Tovar". la Vanguardia (en castelán). 17/6/2004. 
  10. Méndez Ferrín 1984.
  11. "Tovar Bovillo, Antón". Diciopedia do século 21 3. p. 2063-2064. 
  12. Tarrío, Anxo (primavera-outono de 1985 (XVII)). "Síntesis de la historia de la literatura gallega (siglos xv-xx)" (PDF). Boletín de la Asociación Europea de Profesores de Español (en castelán) (32-32): 7–25. ISSN 1133-4444. 
  13. Arabela da pluma Arquivado 23 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Biblioteca Nacional de España
  14. Arredores Vista previa en Google Books.
  15. 15,015,1 Losada, B. (xaneiro-marzo de 1968). "Non, por Antonio Tovar Bobillo". Grial (19): 104–107. 
  16. Inclúe: Arredores, Non e O vento no teu colo. Vista previa en Google Books. Non e O vento no teu colo apareceron xuntos, tamén, no n.º 43 da Biblioteca 114 de El Correo Gallego.
  17. Imaxe da portada de Berros en voz baixa
  18. A nada destemida Vista previa en Google Books.
  19. 19,019,1 Poesía en galego Imaxes das protadas.
  20. A grande ilusión e outros contos Vista previa en Google Books.
  21. Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Galaxia. pp. 278–279. 
  22. Imaxe da portada de Diario sin datas
  23. Tovar, Antonio (2001). Diario íntimo dun vello revoltado. Literaria. Galaxia. p. 36. ISBN 84-8288-439-5.  Con prólogo de Alonso Montero e apéndice de R. Piñeiro.
  24. Martínez Bouzas, F. (12/8/2001). "Antonio Tovar Bobillo, memorias dun esculcador da morte". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 23/03/2018. Consultado o 22/03/2018. 
  25. Caño, Xosé Manuel del (2005). Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado. Galaxia. ISBN 84-8288-806-4.  Con prólogo de Alonso Montero.
  26. Imaxe da portada d'Os cen mellores poemas…
  27. Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo.[1]
  28. Co subtítulo Homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Portada
  29. Poetas e narradores nas súas voces Gravacións de son
  30. Monteagudo/Díaz-Fierros (coor,s.). AAVV (2003). Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (con CD). CCG. ISBN 84-95415-68-2. 
  31. Imaxe da portada de Poemas pola memoria
  32. Imaxe da portada de El tren y las cosas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caseiro, Delfín. "Retrato do que vivín". Crítica e autores I. BG120. pp. 181–182. 
  • Ramos, Baldo. "Arredor da soidade". Crítica e autores I. BG120. pp. 182–183. 
  • Rúa, Xosé Luís. "Retrato Puntillista". Crítica e autores I. BG120. pp. 183–184. 
  • Rodríguez, X. M. "Non está un para moitas festas". Crítica e autores I. BG120. pp. 184–189. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antón_Tovar&oldid=4943445"