Antón de Marirreguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón de Marirreguera
Marirreguera.jpg
Nacemento1605
 Carreño
Falecementoanos 1660
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Oviedo
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]
Retrato do século XIX.

Antón González Reguera, nado en Llogrezana (Carreño) a comezos do século XVII e finado cara a 1661 ou 1662, foi un sacerdote e escritor asturiano, coñecido como Antón de Marirreguera. É o autor da que se considera a primeiro obra da literatura asturiana, o Pleitu ente Uviéu y Mérida pola posesión de les cenices de Santa Olaya, escrita en 1639 sobre as cinzas de Baia de Mérida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia fidalga. O seu alcume procede da súa nai, María González Reguera. Suponse que o seu pai se chamaba Pedro Álvarez Hevia e que morreu novo. ao quedar orfo de pai e facer estudos eclesiásticos, seguindo a tradición materna, puido tomar o apelido da súa nai. Nos manuscritos aparece como Antonio Álvarez.

Tras estudar Latín, Humanidaes e Teoloxía na Universidade de Oviedo, en 1631 ordenouse sacerdote, e co tempo fíxose cargo de diversas parroquias en Carreño. Nos padróns de fidalguía do concello aparece co nome de Antonio González Reguera como cura de Priendes en 1640 e 1644. En 1645 aparece como cura de Albandi, pero co nome de Antonio González Moñiz, ao tomar o apelido do seu tío Xoan Moñiz, que o precedeu na mesma parroquia. Na documentación de Albandi segue aparecendo como párroco até 1661, cando o sucede no cargo o seu sobriño Xuan Rodríguez Reguera. Ao non apaecer nos padróns de fidalguía de 1662, suponse que debeu morrer entre 1661 e 1662.

Obra[editar | editar a fonte]

Xa era coñecido como escritor nos seus tempos de estudante, e as súas obras acadaron gran popularidade en vida. Porén, ao se transmitiren de forma manuscrita e oralmente, moitas delas perdéronse. Segundo González Posada, o peopio Antón de Marirreguera mandoulle ao seu sobriño, pouco antes de morrer, que queimase os seus papeis “por que nun se diga qu'un cura s'entretuvo nestes coses”.

As obras perdidas das que se teñen constancia son Los impuestos, Padrenuesu, Razonamientu ente Xuan Moñiz y Pero Suare e Décimes, ás que cabe engadir Píramo y Tisbe, xa que na actualidade se considera de atribución dubidosa a versión recollida por Xosé Caveda y Nava.

A primeira edición das súas obras débese a González Posada, que incluíu o Pleitu ente Uviéu y Mérida e a primeira oitava de Dido y Eneas en Memorias Históricas del Principado de Asturias y Obispado de Oviedo (1794). Máis tarde, Xosé Caveda y Nava incluíu na súa Colección de poesías en dialecto asturiano (1839) estes dous poemas xunto con Hero y Lleandro, Píramo y Tisbe , Diálogu políticu e L'ensalmador.

A edición máis recente e a máis completa é a publicada en 1997 por Xulio Viejo, co títulu Fábules, Teatru y Romances. No estudo introdutorio cuestiónase a atribución a Marirreguera da fábula de Píramo y Tisbe que recollera Caveda. Xulio Viejo considera probable que esa composición sexa obra de Benito de l'Auxa, aínda que se sabe que Marirreguera escribira outra co mesmo título.

En maio de 2000, a Selmana de les Lletres asturianes estivo adicada á súa obra. Con este motivo levouse a escena a adaptación de L'ensalmador, feita por Lluis Antón González e dirixida por Xulio Vixil.

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua empregada por Marirreguera nos seus poemas é a característica da fala central (plural feminino en -es, redución de ditongos decrecentes (ou > o, ei > e). Amais amosa varios trazos propios da súa rexión de Peñes:

  • Metafonía (común aos montes centrais): lluigo, cuiro, diniro, fuibo, muirtu, cuinto, utru, pescuizo, dericho, nuiche, isti, cuirpo, agüilu
  • primeira persoa singular perfeito -ego: rompego 'rompió', sentigo 'sintió', saligo 'salió'
  • terceira persoa plural perfeito -anon, -enon (común ao asturiano occidental): casanonse, mandanon, fexenon, camentanon.
  • terceira persoa plural imperfeito -íen > ín común ao asturiano oriental): tenín, solín, facín, comerín, purrín, podín, sabín, querín, saldrín.
  • (común ao asturiano oriental): fo 'foi', to 'toi',
  • Palatización de /N/ (común ao asturiano oriental): ñon, ños, ñeña, ñoble, ñatural, ñevera, ña casa, ñaves, ñube, ñates, ñariz, ñadar, ñunca, areña, sereña, ñecesidá, ñaranxes, ñueces, ñozal, ñuestro, ñoticies, ñavaya, ñalga, ñabo, ñueve.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antón_de_Marirreguera&oldid=4844417"