António Ramalho Eanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
António Ramalho Eanes
António Ramalho Eanes.jpg
Nacemento25 de xaneiro de 1935
 Alcains
NacionalidadePortugal
Relixióncatolicismo
Alma máterAcademia Militar
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeMaria Manuela Portugal Eanes
PremiosGrand Cross of the Order of Leopold II, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Royal Victorian Chain, Grand Cross Special Class of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Knight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic, Orde do Elefante, Knight Grand Cross with Collar of the Order of St. Olav‎, Medalha da Cruz de Guerra, Medalha de Serviços Distintos, Star of the Socialist Republic of Romania, Order of Stara Planina, Order of the Flag of the Republic of Hungary, Order pro merito Melitensi, Order of the Yugoslav Flag, National Order of the Leopard, Order of the Nile, Congolese Order of Merit, Order of the Gold Lion of the House of Nassau, Cavaleiro da Ordem Militar de Avis, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grã-Cruz da Banda das Três Ordens, Grande-Colar da Ordem Militar da Torre e Espada, Grã-Cruz da Ordem da Liberdade e Grande-Colar da Ordem da Liberdade
AssinaturaRamalhoEanes.svg
editar datos en Wikidata ]
Ramalho Eanes, en visita de Estado aos Estados Unidos, acompañado de George Shultz (á dereita) e Manuela Eanes (á esquerda).

António dos Santos Ramalho Eanes, nado en Castelo Branco o 25 de xaneiro de 1935, é un oficial militar e ex-político portugués. Foi o primeiro presidente da República democraticamente elixido despois da revolución de 1974.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramalho Eanes naceu en Alcains, concello de Castelo Branco, nunha familia humilde, fillo de Manuel dos Santos Eanes e Maria do Rosário Ramalho. En 1942 entra no Liceu de Castelo Branco. Alístase no exército en 1952, estudando tácticas militares (Escola do Exército, de 1952 a 1956; Curso de Instrución de Operacións Especiais, en 1962; instrutor de Acción Psicolóxica no Instituto de Altos Estudos Militares, en 1962). No exército, Ramalho Eanes segue a rama de Infantería. Serve na Guerra Colonial onde combateu na India Portuguesa, Macau, Mozambique, Guinea-Bisau e Angola. Despois dunha dilatada carreira militar, Eanes atopábase aínda de servizo en Angola cando se levou a cabo a revolución do 25 de Abril. Adheriuse ao Movimento das Forças Armadas e, xa de regreso en Portugal, foi director de programas e nomeado presidente do consello de administración da RTP, ata marzo de 1975.

En 1975 foi nomeado Xeneral, e dirixiu as operacións militares do 25 de novembro dese mesmo ano, contra a facción máis radical do MFA. En 1976 foi elixido Presidente da República, sendo reelixido a finais de 1980.

Ao final do segundo mandato como presidente da república, en febreiro de 1986, asume pouco despois a presidencia do Partido Renovador Democrático, dimitindo dese cargo en 1987.

Nomeado Xeneral de catro estrelas o 24 de maio de 1978, pasou á reserva, por propia iniciativa, en marzo de 1986. Actualmente é Conselleiro de Estado.

Está casado con Maria Manuela Duarte Neto de Portugal Eanes.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

É Grande Colar da Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, cabaleiro da Ordem Militar de Avis e Gran-Cruz da Ordem da Liberdade.

República Portuguesa

Segue a:
Francisco da Costa Gomes
António Ramalho Eanes
Precede a:
Mário Soares
Presidente da República Portuguesa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=António_Ramalho_Eanes&oldid=4973222"