Anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En fonética, chámaselle anterior ao fonema que se realiza na parte de diante da cavidade bucal, por oposición aos fonemas posteriores, que se realizan na parte de atrás.

  • Do punto de vista articulatorio, a lingua avanza na parte de diante da boca, ao tempo que se levanta en dirección do padal duro, polo que as vogais anteriores tamén se chaman palatais. En galego son [i], [e] e [ɛ].
  • Do punto de vista acústico, as vogais anteriores teñen un timbre agudo porque a enerxía concéntrase nas frecuencias altas do espectro acústico, con elevación do formante alto até 2.500 p/s para [i].
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anterior&oldid=4788856"