Antiga Prisión Provincial de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O edificio foi construído a mediados do S.XIX no número 45 da Rúa Xeneral Franco, hoxe Rúa do Progreso, moi próximo ó Casco Vello da cidade. Permaneceu aberto durante máis de 150 anos ata que, en Maio de 1987, pechou as súas portas para sempre cando se inaugurou o centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e boa parte da súa documentación histórica pasou ao Arquivo histórico Provincial de Ourense. A información que se pode extraer dos máis de 1000 libros procedentes da Prisión é moi rica xa que vai desde a variedade de penados, expedientes de ingreso, documentación da enfermaría, economato ata o funcionamento do réxime disciplinario. Entre as súas dependencias na primeira planta había una barbería, un economato, un colexio, una biblioteca e una enfermaría. Na planta baixa acudíase ao patio interior onde tamén estaban a cociña e o comedor. Na segunda planta encontrábanse as celas. Unha das súas actividades principais desde 1940 foi a " lectura en común"[1] que se realizaba en grupos de 25 reclusos e onde a asistencia obligatoria. Esta actividade incluíase dentro dunha serie delas (como escola, coro, ximnasio, formación relixiosa …) que tiñan como fin reformar , reeducar e rexenerar os delincuntes. Un dos presos máis coñecidos que estivo na Prisión foi Suso Vaamonde, que ingresou de maneira voluntaria tras o seu exilio en Venezuela, onde permaneceu durante 45 días no ano 1984 ata que foi indultado polo Consello de Ministro do Goberno. Na actualidade este cárcere encóntrase abandonado e chea de maleza, propúxose convertilo nun hotel balneario pero non foi aprobado por falta de inversión. [1]


  1. maprensa (2013-01-20). "Antigua Prisión Provincial de Ourense". desde mi visor (en castelán). Consultado o 2019-05-04. 
(1). http://arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo-historico-provincial-de-ourense/resources/downloads/45-Prisixn_Provincial-CASTELxN.pdf[editar | editar a fonte]
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antiga_Prisión_Provincial_de_Ourense&oldid=5173163"