Antigo Testamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Biblia hebrea ou
Antigo Testamento
para máis detalles vexa Canon bíblico
Os xudeus, protestantes, católicos, e ortodoxos:

Estes cinco primeiros libros son os que forman a Torah (para os xudeus) ou Pentateuco para os cristiáns.

  • Xosué
  • Xuíces
  • Rut
  • 1-2 Samuel
  • 1-2 Reis
  • 1-2 Crónicas
  • Esdras (1 Esdras)
  • Nehemías (2 Esdras)
  • Esther
  • Xob
  • Salmos
  • Proverbios
  • Eclesiastés (Qohelet)
  • Cantar dos Cantares (Canción de Salomón)
  • Isaías
  • Xeremías
  • Lamentacións
  • Ezequiel
  • Daniel
  • Oseas
  • Xoel
  • Amós
  • Abdías
  • Xonás
  • Miqueas
  • Nahum
  • Habacuc
  • Sofonías
  • Axeo
  • Zacarías
  • Malaquías
Os católicos e os ortodoxos inclúennos, mais os xudeus e os protestantes exclúen:
  • Tobías
  • Xudit
  • 1 Macabeos
  • 2 Macabeos
  • Sabedoría (de Salomón)
  • Eclesiástico (Sirácida) (Sabedoría de Sirach)
  • Baruch
  • Carta de Xeremías
  • Engadidos a Daniel
  • Engadidos a_Esther
Os ortodoxos (Sínodo de Xerusalén) inclúen:
  • 1 Esdras (ver Esdras para outros nomes)
  • 3 Macabeos
  • 4 Macabeos (no apéndice, mais non canónico)
  • Pregaria de Manasseh
  • Salmo 151
Os ortodoxos rusos e etíopes inclúen:
  • 2 Esdras (ver Esdras para outros nomes)
A Biblia ortodoxa etíope inclúe:
  • Xubileos
  • Enoch
  • 1-3 Meqabyan
A Biblia siríaca (peshitta) inclúe:
  • Salmo 152-155
  • 2 Baruch

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Canon do Antigo Testamento[editar | editar a fonte]

O Antigo Testamento, na versión cristiá, está formado por 39 libros (que coinciden cos 24 libros do Tanakh xudeu), os cales foron aceptados polas autoridades da igrexa o século IV. Estes libros constitúen o canon das escrituras do Antigo Testamento, e por iso, son chamados libros canónicos. Estes son os libros categorizados de acordo aos estudos teolóxicos cristiáns: (Para ver as categorizacións usadas polo xudaísmo, ver o artigo do Tanakh).

Pentateuco[editar | editar a fonte]

O Pentateuco ou a Torá son os cinco primeiros libros do Antigo Testamento, escritos por Moisés:

Libros históricos[editar | editar a fonte]

  • Libro de Xosué.
  • Libro dos Xuíces.
  • Libro de Rut.
  • Primeiro de Samuel.
  • Segundo de Samuel.
  • Primeiro dos Reis.
  • Segundo dos Reis.
  • Primeiro das Crónicas.
  • Segundo das Crónicas.
  • Libro de Esdras.
  • Libro de Nehemías.
  • Libro de Ester.

Libros sapienciais[editar | editar a fonte]

Libros proféticos[editar | editar a fonte]

Libros dos profetas maiores[editar | editar a fonte]

Libros dos profetas menores[editar | editar a fonte]

  • Libro de Oseas.
  • Libro de Xoel.
  • Libro de Amós.
  • Libro de Abdías.
  • Libro de Xonás.
  • Libro de Miqueas.
  • Libro de Nahum.
  • Libro de Habacuc.
  • Libro de Sofonías.
  • Libro de Axeo.
  • Libro de Zacarías.
  • Libro de Malaquías.

Libros deuterocanónicos[editar | editar a fonte]

Ao longo da Idade Media, a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa aceptaron de facto diversos libros máis. No século XVI, os protestantes opúñanse a aceptaren a autoridade divina destes libros durante a Reforma, e non os incluíron nas traducións da Biblia ás linguas do pobo. A Igrexa católica declarou, entón, a autoridade e a inspiración divina destes libros e incorporounos ao canon. Por iso, chámanse libros deuterocanónicos, que en grego quere dicir "segundo canon". Os anglicanos tamén os utilizan. Estes libros son:

  • Libro de Tobías.
  • Libro de Xudit.
  • Primeiro de Macabeos.
  • Segundo de Macabeos.
  • Libro da Sabedoría.
  • Eclesiástico, tamén chamado Sirácida.
  • Libro de Baruc.

Libros perdidos[editar | editar a fonte]

Hai libros mencionados no Antigo Testamento como parte da Biblia pero que non se conservan (ou ben son falsos, hai disputa sobre eles). Estes son:

  • Libro de Xasher.
  • Libro das Guerras.
  • Libro de Shemaiah.
  • Actos de Salomón.
  • Libro de Nathan
  • Anais do Rei David
  • Actos de Samuel
  • Libro de Gad
  • Profecía de Ahijah
  • Profecía de Iddo
  • Libro de Xehu
  • Actos de Azariá
  • Queixumes de Xosía
  • Crónicas do rei Ahasuerus

Linguas e traducións[editar | editar a fonte]

O xudaísmo utiliza a Tanakh tamén chamada Biblia Hebrea, que equivale ao Antigo Testamento e non recoñece os libros do Novo Testamento. A Tanakh está escrita case toda en hebreo, aínda que hai pequenas porcións en arameo.

A versión utilizada polos primeiros cristiáns foi a [[Septuaginta]|Versión dos Setenta]] (Septuaginta), unha tradución grega que os xudeus da Dispersión utilizaban habitualmente naquela época.

O Antigo Testamento cristián é bastante parecido á Tanakh hebrea, con algunhas diferenzas de contido:

  • Pentateuco (Torá).
  • Profetas (Neviïm).
  • Outros escritos e libros de poesía chamados [sapienciais] (Ketuvim).
  • Libros Deuterocanónicos, considerados apócrifos polo Protestantismo.

Historia[editar | editar a fonte]

A Igrexa cristiá primitiva utilizou a Septuaginta, a versión grega máis antiga da Biblia, como mínimo, ata mediados de do século IV. Ata ese momento o grego foi un dos principais idiomas do Imperio Romano e a lingua da Igrexa a excepción do siríaco utilizado pola comunidade siria na Peshitta e a Igrexa etíope, que utilizou a lingua ge'ez). Ademais, os Pais da Igrexa tenden a aceptaren a Filón de Alexandría en lugar da Septuaginta.

Cando San Xerome fixo a súa revisión da Vetus Latina arredor do ano 400, comparou a Septuaginta co texto hebreo. E chegou á conclusión de que o texto hebreo era un mellor testemuño de Cristo que a Septuaginta. do prólogo a Xénese El rompeu coa tradición da igrexa e traduciu o Antigo Testamento da súa Vulgata do hebreo en vez do grego. A súa elección foi duramente criticada por Agostiño de Hipona, contemporáneo seu, e outros que consideraban a Xerome como un falsario. Pero co paso do tempo, a aceptación da versión de Xerome vai aumentado gradualmente nas igrexas do oeste ata que desprazou á Vetus Latina da Septuaginta.[1]

O texto hebreo difire nalgunhas pasaxes, pero os cristiáns prefiren a Septuaginta porque profetiza mellor a Cristo. As Igrexas Ortodoxas Orientais utilizan a Septuaginta como base para a tradución do Antigo Testamento a outros idiomas. A Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, a Igrexa de Grecia e a Igrexa Ortodoxa chipriota continúana utilizando hoxe na súa liturxia.

Os Manuscritos do mar Morto, en particular os escritos en arameo, correspóndense máis fielmente coa Septuaginta que co texto hebreo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • Canon (Biblia).
  • Hipótese documental.
  • Literatura mesopotámica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ernst Würthwein,O texto do Antigo Testamento,transeuropeas. Errol F. [Rhodes], Grand [Rapids], Michigan: [Eerdmans], 1995.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antigo_Testamento&oldid=4436003"