Antonio Álvarez Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Álvarez Sánchez
Antonio Álvarez Sánchez.jpg
Nacemento1960
 Fene
NacionalidadeEspaña
OcupaciónDirector de sostibilidade ambiental do grupo Inditex
editar datos en Wikidata ]

Antonio Álvarez Sánchez, nado en Fene en 1960, é un enxeñeiro eléctrico galego. É director de sostibilidade ambiental do grupo Inditex[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É enxeñeiro eléctrico, incluíndo a súa formación académica un máster en Enerxía e Sostibilidade pola Universidade de Vigo e outro máster en Seguridade e Saúde no Traballo pola Universidade Politécnica de Cataluña.

Desenvolveu a súa carreira profesional en empresas como Philips ou Fomento de Construcciones y Contratas, incorporándose ao grupo Inditex no ano 1994 como director técnico. Dende o 2005 é o director de sostibilidade ambiental[3] do grupo Inditex, sendo responsable do deseño e implantación da estratexia de sostibilidade ambiental.[4][5][6]

En Inditex, é o creador do concepto de tenda ecoeficiente[7], que permite reducir de maneira considerable as emisións contaminantes e o consumo de auga. Tamén é co-creador da etiqueta de excelencia ambiental Join Life[8], utilizada en varias das cadeas do grupo Inditex.

Outra iniciativa a destacar desenvolvida baixo a súa dirección é a fundación do movemento para a protección das Áreas forestales de alto valor de conservación.[9][10]. Nesta mesma liña de traballo cabe destacar a súa membresía na FSC, organización responsable da primeira certificación de xestión forestal sostible.

O seu liderado, compromiso e participación activa en todas aquelas accións que promoven solucións innovadoras para promover un futuro máis sostible, fixo que Inditex se unise ó pacto "The Fashion Industry Charter for Climate Action", durante a conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP 24) en Katowice, Polonia[11]. Con este acordo, a industria da moda comprométese coas Nacións Unidas a abordar o impacto climático cun enfoque colaborativo que permita promover accións ambiciosas e que ofrece novas oportunidades para que empresas e organizacións creen un ambiente empresarial exitoso nun mundo descarbonizado.

É membro da Asociación Profesional de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ferrol e membro do Consello do Centro Tecnolóxico de Eficiencia y Sostibilidade Enerxética (EnergyLab). Adicionalmente, imparte clases no Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS) da Cátedra Inditex – UDC e no Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.[12]

Publicacións profesionais[editar | editar a fonte]

  • Colaboración na publicación Lighting control system based on digital camera for energy saving in shop Windows.[13]
  • Colaboración na publicación Microplastics' emissions: Microfibers' detachment from textile garments.[14]
  • The certification in sustainability LEED of a Logistic textile Center: Example of action during the work for the credits attainment. 5th European Conference on Energy Efficiency and sustainability in Architecture and Planning.[15]
  • The ABC of Sustainable Construction. Analysis, Behavior, Commitment. ISBN 978-84-606-9299-7.
  • Green to Wear. Committed to a Sustainable Manufacturing. ISBN 978-84-608-1806-9.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. PEFC España (2014-07-21). "Antonio Álvarez, Director Desarrollo Sostenible y Medio Ambiente del Grupo Inditex". Consultado o 2018-04-17. 
  2. Vozpópuli. "Antonio Álvarez (Inditex): "“La sostenibilidad no es un asunto que se pueda reducir a una cuestión de marketing"". Vozpópuli (en castelán). Consultado o 2018-04-17. 
  3. "Seminar by Antonio Álvarez in Vigo: Environmental Sustainability in the Value Chain of Inditex". eforenergy.org (en castelán). Consultado o 2018-04-17. 
  4. "Inditex rompe con los vertederos:residuos cero en 2020". Economiadigital (ed. general). Consultado o 2018-04-17. 
  5. "INDITEX prevé reducir un 10 % emisiones de CO2 para 2015 y un 20% para 2020 - Expansion.com". www.expansion.com. Consultado o 2018-04-17. 
  6. "La consellería de Medio Rural e Inditex avanzan en la innovación y mejora forestal de Galicia". El Ideal gallego. Consultado o 2018-04-17. 
  7. "Tenda ecoeficiente Serrano, Madrid" (PDF). 
  8. Zara.com. "Join life colección-JOIN LIFE, ZARA España". www.zara.com (en castelán). Consultado o 2018-04-27. 
  9. "La consellería de Medio Rural e Inditex avanzan en la innovación y mejora forestal de Galicia". El Ideal gallego (en inglés). Consultado o 2018-04-27. 
  10. "Xunta e Inditex avanzan en la innovación y mejora forestal de Galicia - ColumnaCero". columnacero.com (en castelán). Consultado o 2018-04-27. 
  11. "Milestone Fashion Industry Charter for Climate Action launched | UNFCCC". unfccc.int. Consultado o 2019-02-04. 
  12. "MGDS - Máster en Gestión del Desarrollo Sostenible: SEMINARIO SOBRE LA SOSTENIBILIDAD AMBIENTAL EN LA CADENA DE VALOR DE INDITEX, con Antonio Álvarez". MGDS - Máster en Gestión del Desarrollo Sostenible. 2013-03-18. Consultado o 2018-04-17. 
  13. "Lighting control system based on digital camera for energy saving in shop Windows" (PDF). 
  14. "Microplastics' emissions: Microfibers' detachment from textile garments". 
  15. Javier, Hernández Minguillón, Rufino; Víctor, Araújo Corral,; Raffaelina, Loi, (2014). "5th European Conference on Energy Efficiency and Sustainability in Architecture and Planning : Donostia-San Sebastián, 7-9 Julio 2014" (en inglés). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Álvarez_Sánchez&oldid=5173441"