Antonio Arias Teixeiro (1772)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Arias Teixeiro
Nacemento1772
 Pontevedra
Falecementoséculo XIX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Arias Teixeiro, nado en Pontevedra en 1772[1] e finado en data descoñecida, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1809 era rexedor de Pontevedra e en 1813 deputado pola provincia de Tui na Xunta do Reino de Galicia[2]. En 1823 estaba preso como absolutista no castelo de Santo Antón na Coruña.

É autor de dous sonetos en galego, publicados por Xosé María Álvarez Blázquez[3], quen entende que deberon ser escritos en Pontevedra entre os anos 1810 e 1812. Son un desafogo contra dous ignorantes que quixeron criticar publicamente os seus versos. Despois do último terceto teñen un hendecasílabo de máis como estrambote e algunha outra licenza[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 1. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-290-0. 
  2. Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 30. ISBN 84-7492-465-0. 
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 61. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 41-42. ISBN 84-7154-227-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Arias_Teixeiro_(1772)&oldid=4833632"