Antonio Beduzzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Beduzzi
Maria Taferl Basilika Kuppelfresko 02.jpg
Fresco do Santuario de María Taferl con escenas da vida e a asunción de María
Nacemento 1675
Lugar Boloña
Italia Italia
Falecemento 4 de marzo de 1735 (60 anos)
Lugar Viena
Austria Austria
Nacionalidade Italiano nacionalizado austríaco.
Eido Arquitecto, pintor e escenógrafo
Adestramento Giovanni Gioseffo dal Sole
Movemento Barroco
Traballos Interior e o altar da abadía de Melk.
Igrexa de San Leopoldo en Klosterneuburg.
Museo da catedral de Passau
Frescos no Santuario de María Taferl.
Influenciado por Lodovico Burnacini

Antonio María Nicolao Beduzzi, nado en Boloña en 1675 e finado en Viena o 4 de marzo de 1735, foi un pintor, escenógrafo e arquitecto italiano do barroco, posteriormente nacionalizado austríaco, que estivo activo en Viena a principios do século XVIII.[1][2]

Logo de pasar a súa infancia en Bolonia, despois da súa graduación trasladouse a Viena, onde sucedeu a Lodovico Burnacini como arquitecto da corte vienesa en 1708.

Foi alumno de Giovanni Gioseffo dal Sole.

Obras[editar | editar a fonte]

Fresco do santuario de María Taferl

Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar as seguintes:

  • O interior e o altar da abadía de Melk, logo da reconstrución barroca de Jakob Prandtauer.[3][4]
  • A igrexa de San Leopoldo en Klosterneuburg, preto de Viena.
  • O museo da catedral de Passau, en Viena.
  • O proxecto para o teatro vienés Kärntnertortheater (actualmente Hotel Sacher).
  • Os frescos de Landhaussaal no Palais Niederösterreich de Viena.
  • O fresco na cúpula do Santuario de María Taferl que representa a asunción de María e oito escenas da súa vida.
  • O fresco na bóveda da nave central do Santuario de María Taferl que representa a apoteose de San Xosé.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stevens, Ursula. "Antonio Peduzzi". En Tessinerkuenstler-ineuropa.ch. 2016 (en alemán)
  2. "Beduzzi, Antonio Maria Nicolao". En Union List of Artist Names (en inglés)
  3. "Escultura y arte en Melk". En Esculturayarte.com (en castelán)
  4. Cook, Thomas. Viena. Ed. Granica. Barcelona, 1997. Páxina 35 [ISBN 84-7577-362-1] (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wodarz-Eicher, Eva. Narrenweisheit im Priestergewand. Herbert Utz Verlag. Múnic, 2007 [ISBN 978-3-8316-0660-3]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Beduzzi&oldid=4648204"