Antonio Bonet Correa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Bonet Correa
Nacemento20 de outubro de 1925
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador da arte, catedrático de universidade, museum director e escritor
NaiAsunción Correa Calderón
PremiosMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, doutor honoris causa, doutor honoris causa e doutor honoris causa
editar datos en Wikidata ]

Antonio Bonet Correa, nado na Coruña en 1925, é un catedrático e historiador da arte galego, presidente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende decembro de 2008 e catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na Universidade de Santiago de Compostela, entre 1951 e 1957 traballou como lector e profesor de Historia da Arte na Universidade de París (Sorbona). Regresou a España en 1958, sendo sucesivamente profesor na universidade madrileña, catedrático de Historia da Arte na Universidade de Murcia, na de Sevilla e na Complutense de Madrid. Desenvolveu o seu labor tamén como director do Museo de Belas Artes de Sevilla, e é autor de numerosas obras e artigos científicos e crítico de arte nos diarios El Correo de Andalucía e ABC.

Dende 1986 é membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En decembro de 2008 substituíu na presidencia da Academia a Ramón González de Amezúa.

Así mesmo, foi investido en xullo de 2013 doutor honoris causa na Universidade de Santiago de Compostela, sendo o padriño o catedrático de Historia da Arte Alfredo Vigo Trasancos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Bonet_Correa&oldid=4836417"