Antonio Carballo Tenorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Antonio Carballo Tenorio
Antonio Carballo Tenorio 1932.jpg
Nacemento 1 de xullo de 1881
  A Coruña
Falecemento 8 de outubro de 1960
  Melide
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carballo Tenorio, nado na Coruña o 1 de xullo de 1881 e finado en Melide o 8 de outubro de 1960,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de Tierra Gallega e director de La Defensa de Betanzos a partir de 1907. Colaborou en Almanaque Gallego e foi redactor de La Voz de Galicia. Dirixiu La Hoja del Lunes da Coruña que apareceu en 1937. Empregado do concello da Coruña, foi nomeado Oficial Maior en 1940.[2] Foi presidente da Asociación da Prensa da Coruña (1932).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con Araceli Fernández Rivas en 1904.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 9-10-1960, p. 11.
  2. El Compostelano, 13-9-1940, p. 2.
  3. Diario de Pontevedra, 30-8-1904, p. 2.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Carballo_Tenorio&oldid=4762750"