Antonio Casanova Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Casanova Prado
Nacemento7 de xuño de 1898
 Betanzos
Falecemento8 de xullo de 1966
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista, editor e tradutor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Casanova Prado, nado en Betanzos o 7 de xuño de 1898 e finado en Buenos Aires o 8 de xullo de 1966, foi un sindicalista, editor e tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Casanova García. Emigrou clandestinamente a Bos Aires e traballou de panadeiro en Avellaneda. Afiliouse ao Sindicato de Panadeiros, maioritariamente anarquistas galegos, que tiña a Adrián Troitiño como un dos seus dirixentes. Militou no grupo libertario Ateneo Libre e participou no II Congreso Anarquista Regional celebrado en Rosario en 1932. Foi un dos fundadores da Federación Anarco Comunista Argentina (FACA) en 1935. Cando estalou a Guerra Civil Española trasladouse a Barcelona co nome doutro anarquista galego panadeiro, Manuel Freire, para participar na Revolución e alistouse na 28 División que comandaba Gregorio Jover, realizando tarefas xornalísticas.

Ao rematar a guerra exiliouse en Francia, onde foi capturado polos nazis e internado nun campo de concentración, de onde fuxiu para incorporarse á resistencia, co nome de Manuel Freire. Participou na liberación de París. En 1941 vivía en Marsella, participou na reconstrución da CNT en Francia e foi director de Solidaridad Obrera, en París, en 1944.

Regresou a Arxentina, volveu traballar de panadeiro e noutros oficios. Participou no Ateneo de Avellaneda, colaborou ​​nas publicacións anarquistas Más Allá (1937-1938) e Tierra y Libertad, e fixo traducións do francés. É autor do folleto Posición revolucionaria, editado por Tierra y Libertad en 1945.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Casanova_Prado&oldid=4888253"