Antonio Couceiro Freijomil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Antonio Couceiro Freijomil
Nacemento 2 de xuño de 1888
  Pontedeume
Falecemento 9 de maio de 1955
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación xornalista, escritor e profesor
Coñecido/a por Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
editar datos en Wikidata ]

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os tres tomos do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.
Placa na casa natal de Couceiro Freijomil na rúa de Santo Agostiño de Pontedeume.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.

Foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La aceptación del dolor, 1914.
  • Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
  • La bandera de Galicia, 1929.
  • Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
  • El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
  • Los niños anormales y su educación especial, 1936.
  • Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
  • Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1953.
  • Programa escolar, 1955.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Couceiro_Freijomil&oldid=4854428"