Antonio Díaz-Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Díaz-Miguel
Posición Aleiro
Altura 1,86 m (6 ft 1 in)
Nacemento 6 de xullo de 1933
Flag of the Second Spanish Republic.svg Alcázar de San Juan
Morte 21 de febreiro de 2000 (66 anos)
Flag of Spain.svg Madrid
Carreira
Tempadas 19531963
Canteira Estudiantes Madrid
Internacional 27 veces
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     -
Rebotes     -
Asistencias     -
Premios
Adestrador

Antonio Díaz-Miguel Sanz, nado o 6 de xullo de 1933 en Alcázar de San Juan, Cidade Real e falecido o 21 de febreiro de 2000 en Madrid aos 66 anos, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto español. É membro do prestixioso Basketball Hall of Fame.

Foi xogador do Club Baloncesto Estudiantes e do Real Madrid, chegando a ser internacional coa Selección de baloncesto de España en vinte e sete ocasións. Pero os maiores éxitos da súa carreira conseguiunos como adestrador e, concretamente, como Seleccionador de España, á que dirixiu durante 27 anos entre 1965 e 1992. Estudou en Madrid e licenciouse en Enxeñaría Industrial na Universidade de Bilbao.

Carreira[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Estudante do Instituto Ramiro de Maeztu de Madrid, Díaz-Miguel inclinouse tarde polo baloncesto. El xogaba a fútbol, e capitaneaba o equipo do instituto. Pero en 1950, cando contaba con 17 anos, o instituto fundou o Club Baloncesto Estudiantes, e decidiu mudar de deporte. Era relativamente alto para a época (medía 1,86 metros) e apuntaba calidades tamén para o deporte da canastra. Enseguida destacou pola súa garra e habilidade no xogo interior, xogando como pivote.

Fichou polo Real Madrid e chegou a ser 26 veces internacional coa Selección de baloncesto de España entre 1952 e 1959, participando en dúas edicións dos Xogos Mediterráneos: nos de 1955, onde a selección española gañou a medalla de ouro, e os de 1959. Tras a súa retirada como xogador de baloncesto iniciou a súa carreira como técnico no Club Águilas de Bilbao, cidade onde estudara a carreira de enxeñaría.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Foi adestrador da selección española durante 27 anos (dende 1965 até 1992) o que constitúe unha marca mundial de permanencia á fronte dunha selección en todos os deportes. Dirixiu a selección española en 431 partidos. Levou o combinado español a clasificarse para participar en seis Xogos Olímpicos, e a conseguir a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984, a segunda máis alta clasificación até o momento do equipo español tras conseguir a vitoria na final do mundial do Xapón 2006. Antonio Díaz-Miguel dirixiu tamén a selección española en 13 campionatos de Europa, onde conseguiu dúas medallas de prata (1973 e 1983) e unha de bronce (1991).

Díaz-Miguel clasificou a selección española a participar en catro fases finais do Campionato do Mundo, onde chegaría a conseguir unha meritoria cuarta posición o Mundial de 1982. Tamén se pode destacar a medalla de prata que conseguiu a selección española nos Xogos do Mediterráneo de 1987.

Logo de deixar a selección adestrou brevementeo equipo italiano Pallacanestro Cantù e despois o Pool Getafe, un dos mellores equipos españois do momento da Liga Feminina, xa desaparecido.

Foi nomeado "Mellor adestrador do ano" en España en 1981 e 1982. Dirixiu seis veces a seleccións europeas (All-Star), equipos creados en Europa raramente e en ocasións moi especiais. Foi tamén un pioneiro na promoción mundial do baloncesto, recibiu moitos premios como adestrador, e foi conferenciante sobre baloncesto por todo o mundo. Incluírono no Salón da Fama do Baloncesto como adestrador o 29 de setembro de 1997, converténdose no primeiro español (e até o 2007 o único) en ter tal honra. Á parte do seu labor como adestrador de baloncesto, era deseñador de moda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Equipos como xogador[editar | editar a fonte]

Equipos como adestrador[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Díaz-Miguel&oldid=5181179"