Antonio Fernández Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Antonio Fernández Pérez
Nacemento 22 de xuño de 1909
  Río de Xaneiro
Falecemento 18 de febreiro de 1999
  Verín
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fernández Pérez, nado en Río de Xaneiro o 22 de xuño de 1909 e finado en Verín o 18 de febreiro de 1999,[1] foi un escritor galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos cinco meses de idade trasladouse coa familia a Rabal (Oímbra), onde pasou a súa nenez e adolescencia. Estudou o bacharelato nas academias Vidal-Bustamante e Taboada Chivite de Verín e despois fixo Maxisterio en Ourense e Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na parroquia de Tamaguelos (Verín) e na Academia Martín Mouriño de Ourense.

Foi militante do Partido Galeguista e mantivo fortes lazos de amizade con algunhas das súas principais figuras, como Otero Pedrayo e Vicente Risco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 viuse obrigado a fuxir a Portugal e de alí marchou á Arxentina para evitar a represión do novo réxime. Estableceuse na provincia de Mendoza onde se dedicou á actividade comercial e literaria.

Colaborou na prensa de emigración, ás veces cos pseudónimos Fernamper ou F. de Rabal. Gran parte da súa carreira literaria, coa que gañou numerosos premios naquel país, está en castelán. En 1946 foi premiada a súa obra Hojas al viento no concurso convocado pola Municipalidad de Mendoza. En 1947 obtivo o premio do Ateneo de Mendoza por Hojas líricas e o premio da Asociación Interamericana de escritores pola novela Don Rosendo de Amarán. Con todo, non deixou de escribir en galego, e foi unha obra nesta lingua, Terra coutada, a que maior prestixio lle concedeu.

Volveu a Galicia a finais dos anos oitenta e instalouse en Verín, onde morreu. Foi soterrado no cemiterio de Rabal.

Obras[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En maio de 1992 recibiu unha homenaxe en Verín, onde unha rúa leva o seu nome. O concello de Verín convoca un certame de relato curto co seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-2-1999, p. 37.
  2. Airas, Xerardo das: "Morre Antonio Fernández Pérez", A Nosa Terra, 871, 25-2-1999, p. 31

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Areán, Román; Rodríguez, Pastor (2006). A. C. Barbantia e Concello de Boiro, ed. Un río de sangue e tinta: A guerra civil española e o franquismo na narrativa dos galegos. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Fernández_Pérez&oldid=4739365"