Antonio Fraguas Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Fraguas Saavedra
Nacemento1905
 A Fonsagrada
Falecemento20 de abril de 1983
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e sen etiquetar
PaiConstantino Fraguas
FillosForges
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fraguas Saavedra, nado na Fonsagrada en 1905 e finado en Madrid o 20 de abril de 1983[1], foi un escritor e xornalista galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Constantino Fraguas Couceiro, veterinario titular da Fonsagrada, e de Aurelia Saavedra Lastra. Cursou estudos de Dereito e Farmacia nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid.

En 1931 ingresou na multinacional holandesa Philips na que chegou a ser Apoderado Xeral para España. Pertenceu a Falange Española, participando na guerra civil como alférez provisional. Colaborou nos periódicos Arriba, 7 Fechas e El Español. Fundador do diario Unidad de Donostia.[2]

Foi Director Xeral de Cinematografía e Teatro, e vogal do Sindicato Nacional do Espectáculo. Foi Xefe Superior de Administrador do Estado e Inspector Xeral de Información e Turismo.[3]

Filmou, entre outras películas, Danzas de España, unha das primeiras compilacións sobre o folclore español. Foi finalista do Premio Nacional de Teatro en 1943 por Cumbres y simas e, posteriormente, obtivo o Premio Abraham Lincoln, o Premio Ateneo de Valladolid, o Premio Ondas e o Ciudad de Oviedo ambos de novela, e os Premios Jauja e Hucha de Oro de contos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cumbres y simas, 1942.
  • Don Generoso y los fantasmas, 1961.
  • Cuesta arriba, 1964. Premio Jauja de Cuentos.
  • Memorias de un Ford T, 1964.
  • Unos rosales en China, 1966. Premio Ciudad de Oviedo.
  • Don Generoso y los fantasmas, 1968. Premio Ondas de Novela.
  • El hombre que no tenía Curriculum-vitae, 1974.
  • Cielo santo ¡Los tecnócratas!, 1980.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Ascensión de Pablo López, e foi pai de nove fillos: María, Antonio (Forges), Enrique, Berta, Isabel, María José, Rafael Fraguas (redactor de El País), Paloma e José María Fraguas (Pirracas, realizador de televisión).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Ondas 1960.
  • En 2006 dedicáronlle unha rúa na Fonsagrada.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC.
  2. 2,02,1 "Antonio Fraguas Saavedra, periodista y escritor", El País (22 de abril de 1983)
  3. Francisco Rojas Claros (2013). Dirigismo cultural y disidencia editorial en España (1962-1973), Universidade de Alacant, páx. 46 (en castelán).
  4. "A Fonsagrada homenajeará el viernes al padre del dibujante Forges"[Ligazón morta], artigo en La Voz de Galicia, 4 de decembro de 2006.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Fraguas_Saavedra&oldid=4888277"