Antonio Hernández Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Hernández Gil
Nacemento29 de marzo de 1915
 Puebla de Alcocer
Falecemento26 de maio de 1994
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico, maxistrado, xurista e Cátedra universitaria
FillosAntonio e Guadalupe
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, honorary doctorate of the University of Extramadura, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz de la Orden de Cisneros e Decoration of the Order of Civil Merit
editar datos en Wikidata ]

Antonio Hernández Gil, nado en Puebla de Alcocer o 29 de marzo de 1915 e falecido o 26 de maio de 1994 en Madrid, foi un xurista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, e doutorouse na de Madrid en 1934 con premio extraordinario. O mesmo ano conseguiu a cátedra de dereito civil na Universidade de Granada, onde exerceu a docencia ata 1954, cando se trasladou á Universidade Complutense de Madrid. En 1975 foi escollido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e dous anos máis tarde dá o salto á política ao ser designado senador en 1977 polo rei Xoán Carlos I. Ademais, compatibilizou o cargo de senador co de Presidente das Cortes e do Consello do Reino, ambos os dous designados polo monarca.

En 1979, ao sancionar o rei a Constitución, foi substituído dos seus cargos, pero en 1982 regresa á presidencia do daquela denominado Consello de Estado. En 1985 é elixido maxistrado e presidente do Tribunal Supremo e do novo Consello Xeral do Poder Xudicial. Un ano despois, en 1986, ETA atentou contra a súa vida, pero saíu ileso.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Naturaleza jurídica de la obligación alternativa (1942)
  • La solidaridad en las obligaciones (1946)
  • El futuro del derecho civil (1958)
  • Metodología de la ciencia del derecho (1973)
  • El abogado y el razonamiento jurídico (1975)
  • La posesión (1980)
  • El cambio político español y la Constitución (1981).

Galardóns[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Torcuato Fernández Miranda
 Presidente das Cortes Españolas 
1977 - 1978
Sucesor:
Órgano disolto
Predecesor:
Torcuato Fernández Miranda
 Presidente do Consello do Reino 
1977 - 1978
Sucesor:
Órgano disolto
Predecesor:
Antonio Jiménez Blanco
 Presidente do Consello de Estado 
1982 - 1985
Sucesor:
Tomás de la Quadra-Salcedo
Predecesor:
Federico Carlos Sainz de Robles
 Presidente do Tribunal Supremo 
1985 - 1990
Sucesor:
Pascual Sala
Predecesor:
Federico Carlos Sainz de Robles
 Presidente del Consello Xeral do Poder Xudicial 
1985 - 1990
Sucesor:
Pascual Sala
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Hernández_Gil&oldid=4974229"