Antonio Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Antonio Lorenzo Pérez, nado en Leiro en 1914 e falecido o 25 de marzo de 2009 na Coruña foi un banqueiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1935 comezou a traballar para Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad, de onde pasou á Sociedad General Gallega de Electricidad coa súa absorción por esta, e posteriormente da Fenosa tamén como consecuencia dun proceso de absorción, onde se ocupa da dirección de persoal. Naquela altura ademais convértese en profesor de escola de Comercio.

En 1959 ficha pola que daquela era a Caixa de Aforros da Coruña e Lugo onde accede ao posto de director xeral[1] en substitución de Manuel López Companioni[2] . Ao mando desa caixa conduciu o proceso de fusión coas outras caixas do norte de Galicia, que deron lugar a Caixa Galicia: en 1978 coa Caixa de Aforros de Ferrol e en 1980 coa Caixa de Aforros de Santiago. Dese cargo dimitiu en 1981, cando foi substituído por Xosé Luís Méndez.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi director de Cáritas na cidade da Coruña e fundador de Aspronaga. Tivo dez fillos[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Lorenzo&oldid=4608230"