Antonio Pérez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pérez García
Nome completoAntonio Pérez García
AlcumeRey
Nacemento25 de febreiro de 1899
 Canaval, Sober
Falecemento5 de abril de 1965
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e político
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pérez García, coñecido como Rey, nado en Canaval (Sober) o 25 de febreiro de 1899 e finado na Habana o 5 de abril de 1965, foi un músico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era dono da fábrica de cerámica de Canaval. Fixo estudos musicais no Conservatorio Nacional de Madrid, e aprobou a carreira de piano en só dous exames, obtendo Premio Especial. Dirixiu bandas e orquestras das provincias de Ourense e Lugo, entre elas a Banda de Música de Sober nos anos trinta. Na República Militou no Partido Republicano Gallego e foi Presidente do Comité Republicano-Agrario de Canaval. foi alcalde de Sober co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Cuba disfrazado de cura coa falsa identidade de Antonio Rodríguez Álvarez. Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. En Cuba chegou a ser un respectado compositor e pianista.


Predecesor:
-
 Escudo de Sober.svg
Alcalde de Sober
 
1936
Sucesor:
Daniel Álvarez Carnero

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Pérez_García&oldid=4681164"