Antonio Rodríguez del Busto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Rodríguez del Busto
Antonio Rodríguez del Busto.jpg
Antonio Rodríguez del Busto en 1923.
Nacemento3 de xullo de 1848
LugarRibadeo, Galicia Galicia
Falecemento3 de agosto de 1928
LugarCórdoba, Flag of Argentina.svgArxentina
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónxornalista e escritor
CónxuxeJerónima Escuti
editar datos en Wikidata ]

Antonio Rodríguez del Busto, nado en Ribadeo o 3 de xullo de 1848[1] e finado en Córdoba o 3 de agosto de 1928, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do naviero José Rodríguez e sobriño do enxeñeiro Alexandre Le Laboureur. Estudou Nautica e Comercio en Ribadeo. Nos veráns estudaba en Ferrol para entrar na Armada de Guerra. Enviado polos seus pais a Arxentina, participou na guerra do Paraguai. Despois instalouse en Córdoba, onde casou con Jerónima Escuti. Apaixonado pola cultura e xornalista de aceirada pluma, fixo fortuna. Ao notar que a cidade de Córdoba tendía a expandirse á zona que agora conforma o barrio Alta Córdoba, comprou esas terras. En 1886 formou unha sociedade urbanizadora con Marcos N. Juárez e Ramón J. Cárcano e, dous anos despois, comezou a venda de terreos. Foi intendente da cidade de Córdoba entre o 18 de abril e o 12 de maio de 1887.

Dirixiu os periódicos Eco de Córdoba, El Progreso, El Interior e as revistas El Jaspe e El Moro Tarfe e fundou en 1890 El Debate; tamén colaborou en El Nacional, La República e La Tribuna. Nos seus libros analizou cuestións históricas e da súa época.

Finou o 3 de agosto de 1928 a bordo do vapor Infanta Isabel de Borbón, cando regresaba dunha viaxe a España[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • América del Sur: altitudes y canalización, 1908.
  • Apuntes para la historia de la legislación, 1912.
  • El rey don Pelayo y el Fuero de Sobrarbe, 1919.
  • El sistema de gobierno dual de Argentina y su origen, 1921.
  • Canal de navegación interoceánica a través de América del Sur, desde Comodoro Rivadavia (Atlántico) hasta el Golfo de Penas (Pacifico), 1924.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Esfera, 20-10-1923, p. 10-11.
  2. El Despertar Gallego, 6-2-1927, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Rodríguez_del_Busto&oldid=4817942"