Antsoain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antsoain
Bandera de Ansoáin.svg
Escudo Ansoáin.svg
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaBandera de Navarra.svg Navarra
ProvinciaNavarra
MerindadePamplona
Xeografía
Altitude426 msnm
Superficie1,93 km²
Demografía
Poboación10.776 hab. (2011)
Densidade5.583,42 hab/km²
Xentilicioansoaintarra
Outros datos
Código postal31013
AlcaldeAnder Oroz Casimiro (EHBildu)
www.ansoain.es
Vista de Ansoáin desde as murallas

Antsoain (en castelán e tamén oficial: Ansoáin) é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra (España), no meiriñado de Pamplona. Constitúese como tal municipio independente ao segregarse do concello do seu nome o 14 de marzo de 1991.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Este pobo áchase situado nas saias do monte Ezcaba ou San Cristóbal, a extensión do municipio alcanza a terreos próximos ao monte que se dedicaron a cultivos, e outra parte que é puramente monte.

Barrios[editar | editar a fonte]

Distínguense dous núcleos: O pobo novo que se haxa nunha planicie da comarca de Pamplona, o pobo vello que se haxa situado nos outeiros do monte Ezcaba, onde se erixe o forte militar Afonso XII, o termo esténdese ata o extremo suroriental da antiga cendea do seu nome. A 4 quilómetros de Pamplona.

A localidade de Antsoain está contigua á capital e comprende dúas zonas diferentes por unha banda a do norte, é máis alta e ocupa a saia do monte Ezcaba ou San Cristobal. A do sur, máis chaira, chega ata as proximidades do río Arga preto da igrexa de Capuchinos (Pamplona). Antsoain limita co Val de Ezcabarte polo norte, con Villava polo leste, con Pamplona polo sur e co termino municipal de Berrioplano (Artica) polo Oeste.

Polo seu termo, pasan dous arroios de certa importancia, como o Ballariáin. Este vai desembocar no curso principal do Arga.

Demografía[editar | editar a fonte]

Antsoain está no 9º posto como municipio de maior poboación de Navarra, trala capital navarra, Pamplona (200.000hab), Tudela (32.000hab), Barañáin (21.000hab), Burlada (18.000hab), Zizur Mayor (14.300hab), Estella (13.800hab), Tafalla (11.500hab), Villava (11.000hab) e Antsoain (10.088hab)[1]

1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
5.396 6.027 6.479 7.133 7.656 8.175 8.854 9.526 9.862 9.952 10.088

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Nacional de Estadística: Cifras de Poboación referidas ao 1/1/2006". Arquivado dende o orixinal o 05/02/2007. Consultado o 03/02/2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antsoain&oldid=4982236"