Anunciación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anunciación, de artista descoñecido, c. 1420, Museo Nacional de Arte de Cataluña, Barcelona
A Anunciación por El Greco, c. 1590-1603, Museo de Arte de Ohara , Kurashiki, Xapón

A Anunciación (do latín annuntiatio), tamén coñecida como a Anunciación para a benaventurada Virxe María, a Anunciación da Nosa Señora, ou a Anunciación do Señor, é a celebración cristiá do anuncio do anxo Gabriel á Virxe María, en Nazaret, segundo a cal ía concibir e ser a nai de Xesús, o Fillo de Deus, na súa Encarnación. Gabriel dixo a María que o nome do seu fillo sería Yeshua, que significa "YHWH é a salvación".[1]

Segundo o Evanxeo de Lucas [2] a Anunciación ocorreu "no sexto mes" do embarazo de Isabel con Xoán Bautista. Moitos cristiáns observan este evento coa Festa da Anunciación, o 25 de marzo.

A Anunciación é un tema clave na arte cristiá en xeral, particularmente durante a Idade Media e o Renacemento. Unha obra de arte que representa a Anunciación é ás veces chamada unha Anunciación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.Mateo "1-5". A Biblia Galega. 
  2. Lucas "1-5". A Biblia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anunciación&oldid=4841682"