Anxo Rei Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Anxo Rey Ballesteros")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anxo Rei Ballesteros
Nacemento24 de xaneiro de 1952
 Boqueixón
Falecemento29 de outubro de 2008
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
CónxuxeMaría Jesús Armada
PremiosPremio Ramón Piñeiro de Ensaio
editar datos en Wikidata ]

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[2] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[3] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[4].

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Dezanove badaladas, [1969-70]. Publicada en 2018 por Galaxia.[5]
  • Dos anxos e dos mortos. (1977). Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[6]
  • Querido Brais. (1977). Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-84-606-1341-1.
  • Loaira (1992). Galaxia. Loaira é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega".[7] Segundo Manuel Castelao pode ser considerada a mellor novela galega do século XX.[8]
  • A sombra dos teus soños (1998). Galaxia. ISBN 9788482882130. Segundo a editorial: "Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra".[9]
  • Non sei cando nos veremos (2005). Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-8288-803-3.[10]. Para o xornal da USC: "a obra ... preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe".[11]
  • A noite do moucho. (2009). Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-240-6.

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "A outra memoria", en Grial (1989).[12]
  • Tempo e vinganza (2003). Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 308 páxs. ISBN 978-84-8288-603-9. Segundo a editora: "Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade."[13]
  • Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) (2013). Axóuxere. 140 páxs. ISBN 978-8494137914. Para a editorial: "Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador".[14]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[15] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suso de Toro. "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego", El País, 3/11/2008 (en castelán).
  2. "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
  3. "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018. 
  4. "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018. 
  5. "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros"
  6. Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
  7. "Loaira". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  8. Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153. 
  9. "A SOMBRA DOS TEUS SOÑOS de REI BALLESTEROS, ANXO: EDITORIAL GALAXIA, EDITORIAL GALAXIA, S.A. 9788482882130 Rústica (Tapa blanda) - CENTRAL LIBRERA REAL FERROL". www.iberlibro.com. Consultado o 2019-02-09. 
  10. "Non sei cando nos veremos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  11. "Non sei cando nos veremos - - USC". xornal.usc.es. Consultado o 2019-02-09. 
  12. Grial n.º 104 pp. 494-505
  13. "Tempo e vinganza". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  14. "Presenza dunha ausencia". tenda.axouxerestream.com. Consultado o 2019-02-09. 
  15. 15,015,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anxo_Rei_Ballesteros&oldid=5057964"