Archer John Porter Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Archer John Porter Martin
Nobel prize medal.svg
Archer John Porter Martin Nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento1 de marzo de 1910
LugarLondres Reino Unido Reino Unido
Falecemento28 de xullo de 2002
LugarLondres Reino Unido Reino Unido
ResidenciaReino Unido Reino Unido
Nacionalidadeinglés
Cónxuxe
  • Judith Bagenal (1943)
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Peterhouse, Cambridge
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Cromatografía
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1952)
  • editar datos en Wikidata ]

    Archer John Porter Martin, nado o 1 de marzo de 1910 en Londres (Inglaterra) e finado o 28 de xullo de 2002 en Londres, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química na Universidade de Cambridge, dedicouse desde 1946 á investigación en empresas privadas e en 1948 foi nomeado director da sección de química e física do Instituto Nacional de Investigacións Médicas de Londres.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Especializado en bioquímica, e especialmente na vitamina E e vitamina B2. Posteriormente decantouse pola cromatografía, creando as técnicas que permitiron a evolución desta técnica de laboratorio. Martin desenvolveu a cromatografía da partición, mentres traballaba na separación de aminoácidos, así como a cromatografía gasosa líquida.

    En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Richard Laurence Millington Synge, pola invención da cromatografía da partición.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Edwin Mattison McMillan
    e
    Glenn Theodore Seaborg
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1952
    compartido con
    Richard Laurence Millington Synge
    Sucesor:
    Hermann Staudinger


    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Archer_John_Porter_Martin&oldid=4576648"