Armando Raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Armando Raposo
Nacemento1931
 Santiago de Compostela
Falecemento6 de abril de 2014
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg
Armando Raposo manexando o botafumeiro como tiraboleiro maior

Armando Raposo Guldrís, nado en Vidán (Santiago de Compostela) en 1931 e falecido na mesma parroquia o 6 de abril de 2014, foi un tiraboleiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raposo comezou a traballar na catedral de Santiago en 1948[1], e a partir de 1950 como tiraboleiro, é dicir, como unha das persoas que se encargan de poñer o Botafumeiro en movemento. En 1964 pasou a ser o tiraboleiro maior[2][3], posto no que permaneceu ata despois de 2010, antes de xubilarse.

Foi galardoado coa Medalla de bronce de Galicia en 1995.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Armando_Raposo&oldid=4966271"