Arquieparquía maior de Kiev-Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arquieparquía Maior de Lviv")
Arquieparquía maior de Kiev-Galicia
Archieparchia Kioviensis–Haliciensis
Datos xerais
Erixida Século X (metrópole de Kiev)
29 de agosto de 2005 (traslado da sé a Kiev dende Lviv)
Territorios Xurisdición sobre todas as eparquías da Igrexa católica bizantina Ucraína
Información
Igrexa particular Igrexa católica bizantina ucraína
Igrexa Igrexa católica
Ritos Rito bizantino
Xerarquía
Papa Francisco
Arcebispo maior Sviatoslav Shevchuk

A arquieparquía maior de Kiev-Galicia é a única arquieparquía maior e sé da Igrexa católica bizantina ucraína, sendo o arcebispo maior actual .

Xurisdición territorial[editar | editar a fonte]

O arcebispo maior de Kiev-Galicia ten xurisdición patriarcal ordinaria sobre todas as dioceses da Igrexa católica bizantina ucraína, dun xeito similar á xurisdición que ten o papa sobre a Igrexa latina, mais non sobre a totalidade da Igrexa católica.[1] O arcebispo maior é tamén o metropolita da arquieparquía de Kiev, sé propia del. Ademais, ten o título de bispo de Kamianets dos Ucraínos.

Das eparquías ucraínas, dependen directamente do arcebispo maior de Kiev-Galicia os exarcados arquiepiscopais de Kharkiv, Crimea, Donetsk,[2]Odesa[3] e Lutsk[4].

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia eclesiástica existe dende o século X, cando foi estabelecida a metrópole polo patriarca de Constantinopla antes do Gran Cisma de Oriente, logo da conversión do gran duque de Kiev san Vladimiro o Grande no ano 988.

Logo da invasión mongola que devastou Kiev no século XIII, en 1303 creouse unha segunda metrópole en Galicia, grazas aos esforzos do rei León I de Galicia e do seu fillo Xurxo. Existiu durante a maior parte do século XIV, mais estivo vacante dende 1401 xa que o metropolitano de Kiev tomou o título.

Durante o século XV os metropolitanos traballaron conxuntamente co patriarca de Constantinopla para tentar restabelecer a unidade cristiá e en 1439 participaron na Unión de Florencia. En 1596 a Metrópole entrou na Unión de Brest, restabelecendo a plena comuñón coa Santa Sé, aínda que isto lle supuxo unha profunda división interna.

Logo das particións de Polonia a finais do século XVIII, a maior parte do territorio ruteno (as actuais Ucraína e Bielorrusia) quedou baixo dominio ruso, onde a Igrexa católica Bizantina foi gradualmente suprimida en 1839. Porén, a Igrexa sobreviviu na Galicia baixo dominio austríaco, onde a metrópole de Galicia foi restabelecida, coa prerrogativa de administrar a sé vacante de Kiev, en base á eparquía de Lviv, estabelecida polo papa Pío VII en 1807.

En 1939 Galicia caeu baixo dominio soviético, e en 1946 a estrutura eclesial local foi sometida á Igrexa ortodoxa rusa. En 1963 o metropolitano, residindo en Roma, foi elevado ao rango de arcebispo maior, con dereitos equivalentes aos de patriarca, mais sen nomealo como tal para non provocar represións contra a Igrexa clandestina en Ucraína e non complicar as relación ecuménicas co patriarcado ecuménico de Constantinopla.[5]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Metropolitas de Kiev[editar | editar a fonte]

Coa Unión de Brest, a metrópole de Kiev, Galicia e toda a Rus rompeu relacións coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla e entrou en comuñón coa Igrexa católica, creando o que hoxe é a Igrexa católica bizantina ucraína. Dende ese momento, os metropolitas de Kiev foron os seguintes:

En 1807 a Igrexa católica ucraína foi dividida en dous para separar os territorios baixo o Imperio Ruso (Metrópole de Kiev) dos gobernados pola monarquía dos Habsburgo, elevando á eparquía de Lviv ao rango de metrópole e dándolle os mesmos dereitos que a de Kiev.

Os metropolitas de Kiev entre 1807 e 1838 foron os seguintes:

  • Irakly Lisovsky (1808-1809)
  • Hryhory Kokhanovich (1809-1814)
  • Yosafat Bulhak (1818-1838)

Logo do Sínodo de Polatsk (1838) a Igrexa católica bizantina foi abolida forzosamente no territorio do Imperio Ruso, e as súas propiedades e o seu clero transferidos á Igrexa ortodoxa rusa.

Metropolitas de Lviv[editar | editar a fonte]

Ao mesmo tempo, os metropolitas de Lviv foron os seguintes:

Arcebispos maiores de Lviv[editar | editar a fonte]

Na década de 1960 o cardeal Yosyf Slipyi, metropolita de Lviv, pediu a elevación da sé ao rango de patriarcado. O papa Paulo VI respondeu elevándoa en 1963 ao rango de arcebispado maior, o que dáballe a mesma autonomía que as igrexas patriarcais, aínda que sen o título.

Arcebispos maiores de Kiev-Galicia[editar | editar a fonte]

En 2005 uníronse novamente as metrópoles de Kiev e Lviv, e a sé foi transferida dende Lviv a Kiev, tomando dende entón os primados o título actual.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Matthew Bunson (2008). 2009 Catholic Almanac. p. 274. ISBN 9781592764419. 
  2. Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Donets’k–Kharkiv
  3. Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Odessa–Krym
  4. Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Lutsk
  5. VARIOS. University of Ottawa Press, ed. Vatican II: Experiences Canadiennes - Canadian Experiences. p. 249. ISBN 9782760307636. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arquieparquía_maior_de_Kiev-Galicia&oldid=4393850"