Arquieparquía católica ucraína de Lviv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquieparquía de Lviv
Archieparchia Leopolitana
Información
Igrexa particularIgrexa católica bizantina ucraína
RitosRito bizantino
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo maiorSviatoslav Shevchuk
ArcebispoIhor Vozniak

A arquieparquía de Lviv é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína, parte da Igrexa católica. En 2009 tiña un total de 755.821 bautizados sobre unha poboación total de 1 068 400 habitantes. Está actualmente encabezada polo arcebispo Ihor Vozniak.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1539 fora erixida a eparquía ortodoxa de Lviv, como unha sé sucesora da eparquía de Halych, erixida a mediados do século XII e elevada ao rango de sé metropolitana en 1303, até que os títulos de metropolitano foron trasladados a Kiev en 1401. A eparquía de Lviv rexeitou a Unión de Brest de 1596, e non foi até 1700 que a aceptou.

En 1807 a Igrexa católica ucraína foi dividida en dous para separar os territorios baixo o Imperio Ruso (metrópole de Kiev) dos territorios baixo o Imperio Austríaco, elevando a eparquía de Lviv ao rango de metrópole e dándolle os mesmos dereitos que a de Kiev: o 22 de febreiro, coa bula In universalis Ecclesiae, o papa Pío VII uniuna á sé de Halych e elevouna ao rango de arquieparquía metropolitana, tendo como sufragáneas ás eparquías de Chełm e de Przemyśl.

O 26 de marzo de 1885 cedeu parte do seu territorio para erixir a eparquía de Stanislaviv.

O 23 de decembro de 1963 foi erixido a arquieparquía maior da Igrexa católica bizantina ucraína, e a arquieparquía de Lviv pasou a ser a sé propia do arcebispo maior.

O 20 de abril de 1993 cedeu parte do seu territorio para erixir as eparquías de Sambir-Drohobych, de Ternopil e de Zboriv. O 25 de novembro de 1995 cedeu novamente territorio para erixir o exarcado apostólico de Kiev-Vyshhorod, e outra vez o 21 de xullo de 2000 coa erección da eparquía de Sokal.

A sé do arcebispado maior foi transferida a Kiev o 29 de agosto de 2005, e a arquieparquía de Lviv converteuse en sé arcebispal non metropolitana, cun ordinario propio.

O 21 de novembro de 2011 foi restaurada como arquieparquía metropolitana.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Bispos de Lviv
Metropolitas de Lviv
Arcebispos maiores de Lviv
Metropolitas de Lviv

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arquieparquía_católica_ucraína_de_Lviv&oldid=5012466"