Artur Tudor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Artur Tudor
Anglo-Flemish School, Arthur, Prince of Wales (Granard portrait) -004.jpg
Artur Tudor, Príncipe de Gales.
Nacemento19 de setembro de 1486
 Winchester
Falecemento2 de abril de 1502
 Ludlow
Causasudor anglicus
SoterradoCatedral de Worcester
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
PaiHenrique VII de Inglaterra
NaiIsabel de Iorque
CónxuxeCatarina de Aragón
IrmánsMargarida Tudor, Maria Tudor, rainha de França, Katherine Tudor, Isabel Tudor, Edmundo Tudor, Duque de Somerset, Henrique VIII de Inglaterra e Edward Tudor
editar datos en Wikidata ]

Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique VII deu a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales.

Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Artur_Tudor&oldid=4922997"