Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°55′37″N 08°09′56″O / 42.92694, -8.16556

Arzúa
Escudo de Arzúa
Durante el camino de Santiago.jpg
Alameda.
Situacion Arzúa.PNG
Situación
Xentilicio[1]arzuán/arzuá
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Arzúa
Poboación6.053 hab. (2018)
Área155,4 km²
Densidade38,95 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias
Capital do concelloArzúa
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Luís García López (Alternativa por Arzúa[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Alternativa por Arzúa 6, CxG 1
Eleccións municipais en Arzúa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes79,60%
Na rede
concellodearzua.com

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán»[5].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 6219 (2015)
Menores de 15 anos 631 (10,15 %)
Entre 15 e 64 anos 3768 (60,59 %)
Maiores de 65 anos 1820 (29,26 %)
Evolución da poboación de Arzúa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9036 8743 10 754 7377 6632 6490 6328 6315 6276 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Tolomeo na súa Xeografía do século II despois da era actual. Segundo Manuel C. Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa,(Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa[6]. Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou aream sudam ("espazo soleado"), Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX[7].

Etnografía[editar | editar a fonte]

É tradición que as campás da igrexa de Santa María de Rendal, parroquia de Arzúa, posúen poderes curativos e son capaces de curar a dor de moas se os que a sufrían tanxían as campás collendo cos dentes o cabo do badalo o Sábado de Gloria. Tamén son curativas as augas da fonte de San Lourenso de Brandeso, noutrora moi nomeadas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas [8].

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Festa do queixo.

A feira de Arzúa celébrase os días 8 e 22. Existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:

  • Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
  • Feira do cabalo: 3 de xullo.
  • Feira de artesanía: 22 de xullo.
  • Primeira Feira dos Cans de Caza: último domingo de setembro.
  • Segunda Feira de Cans de Caza: primeiro domingo de outubro.
  • Feira do Capón: 22 de decembro.

A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro[9]. En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:

  • Festa do Roscón de Pascua: en Dodro o sábado de Pascua.
  • Festa dos Botes: en Arzúa o segundo domingo de agosto.
  • Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
  • Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
  • Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
  • Festa das castañas: en Rendal, o 31 de outubro.

Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:

  • San Sebastián, na Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
  • San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
  • As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
  • Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
  • Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
  • Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
  • Corpus Christi,
  • Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
  • San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
  • San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema e Viñós o 29 de xuño.
  • San Paio, en Pregontoño e Figueiroa o 26 de xuño.
  • Santa Margarida en San Martiño de Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
  • Nosa Señora do Carme,
    • en Viñós o do domingo seguinte ó 30 de xuño.
    • en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
    • en Figueiroa o 1 de agosto.
    • en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ó 15 de agosto.
    • en Pantiñobre o 27 de decembro.
  • San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
  • Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
  • San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
  • Santa María, en Santa María de Arzúa, Dodro, A Castañeda, Rendal, Tronceda e Viladavil o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
  • Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
  • Festa da Mota na ermida da Mota en Santo Estevo do Campo. As festas da ermida son 24 de agosto (Mota Pequena), o 21 de setembro (Mota Grande) e o 28 de outubro, dedicados a San Bartolomé, San Mateo e San Simón respectivamente.
  • San Salvador, en Santa María de Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
  • Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
  • Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
  • San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
  • Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
  • San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
  • O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
  • Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
  • Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
  • San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
  • Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
  • Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa-Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa

Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)


Lugares de Arzúa[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Arzúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais de 2019
  3. El PSdeG se abstiene en la investidura de José Luis García en Arzúa, pero negocia pactar
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Porén aparece escrito Arzua nun documento de 1245, segundo o Inventario Toponímico da Galicia Medieval
  7. Arzúa non foi Araduca, no blog A Nosa Historia (3-6-2009).
  8. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Arzúa.
  9. Cultura[Ligazón morta], na páxina web do concello de Arzúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arzúa&oldid=5252396"