As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Retrato de Hiroshige, coa súa cabeza afeitada, á idade de cincuenta, por Kunisada.[1]

As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 Tōkaidō Gojūsan-tsugi?) son unha serie de gravados ukiyo-e creados por Utagawa Hiroshige despois da súa primeira viaxe ó longo de Tōkaidō en 1832.[2] Esta estrada, que conectaba a capital do shōgun (Edo) coa capital imperial (Quioto) constituía unha das principais arterias do antigo Xapón. Tamén era a máis importante das Cinco Rutas de Edo, as cinco máis importantes estradas do Xapón, creadas e desenvolvidas durante o Período Edo co obxectivo de conceder á administración central do Shogunato un maior control sobre todo o país. Malia que a edición Hōeidō era a máis coñecida, As cincuenta e tres estacións de Tokaido constituía un tema tan popular que iso permitiu a Hiroshige poder crear unha serie de 30 gravados en madeira distinta da orixinal polo seu tamaño (ōban ou chuban), os seus deseños ou mesmo o número de gravados feitos (xa que algunhas series inclúen só unas poucas impresións).

A Edición Hōeidō da Tōkaidō é a obra mellor coñecida de Hiroshige, e á vez as estampas xaponesas ukiyo-e mellor vendidas. Vén xusto despois da serie Trinta e seis vistas do monte Fuji de Katsushika Hokusai, obra que estabeleceu esta nova temática principal do ukiyo-e, os gravados paisaxísticos, ou fūkei-ga, cun enfoque especial nas "vistas famosas" (Meisho). Estes gravados de paisaxes aproveitaron ó máximo as novas posibilidades ofrecidas pola representación occidental da perspectiva, que para entón os artistasxaponeses xa asimilaran de forma importante. As series de Hiroshige atoparon pleno éxito non só no Xapón, senón tamén nos países occidentais.

As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō (edición Hōeidō)[editar | editar a fonte]

Ademais das cincuenta e tres estacións de Tōkaidō, a serie inclúe unha primeira impresión da saída, Nihonbashi (a ponte do Xapón), e a última impresión, Keishi (Quioto), a capital imperial.

Gravado impreso Nº de estación e nome en galego Xaponés Transcrición
1
Tokaido Nihonbashi2.jpg
Saíndo de Edo: Nihonbashi, "a ponte do Xapón" 日本橋 Nihonbashi
2
Tokaido01 Shinagawa.jpg
1.ª estación: Shinagawa.[3] 品川 Shinagawa
3
Tokaido02 Kawasaki.jpg
2.ª estación: Kawasaki 川崎 Kawasaki
4
Tokaido03 Kanagawa.jpg
3.ª estación: Kanagawa 神奈川 Kanagawa
5
Tokaido04 Hodogaya.jpg
4.ª estación: Hodogaya 程ヶ谷, 保土ヶ谷 Hodogaya
6
Tokaido05 Totsuka.jpg
5.ª estación: Totsuka 戸塚 Totsuka
7
Tokaido06 Fujisawa.jpg
6.ª estación: Fujisawa 藤沢 Fujisawa
8
Tokaido07 Hiratsuka.jpg
7.ª estación: Hiratsuka 平塚 Hiratsuka
9
Tokaido08 Oiso.jpg
8.ª estación: Oiso 大磯 Oiso
10
Tokaido09 Odawara.jpg
9.ª estación: Odawara 小田原 Odawara
11
Hiroshige11 hakone.jpg
10.ª estación: Hakone 箱根 Hakone
12
Tokaido11 Mishima.jpg
11.ª estación: Mishima 三島 Mishima
13
Hiroshige13 numazu.jpg
12.ª estación: Numazu 沼津 Numazu
14
Tokaido13 Hara.jpg
13.ª estación: Hara Hara
15
Hiroshige15 yoshiwara.jpg
14.ª estación: Yoshiwara 吉原 Yoshiwara
16
Hiroshige16 kanbara.jpg
15.ª estación: Kambara 蒲原 Kanbara
17
Tokaido16 Yui.jpg
16.ª estación: Yui 由井, 由比 Yui
18
Hiroshige18 okitsu.jpg
17.ª estación: Okitsu 興津 Okitsu
19
Hiroshige19 ejiri.jpg
18.ª estación: Ejiri 江尻 Ejiri
20
Hiroshige20 fuchu.jpg
19.ª estación: Fuchū 府中, 駿府 Fuchū
21
Tokaido20 Mariko.jpg
20.ª estación: Mariko 鞠子, 丸子 Mariko
22
Hiroshige22 okabe.jpg
21.ª estación: Okabe 岡部 Okabe
23
Hiroshige23 fujieda.jpg
22.ª estación: Fujieda 藤枝 Fujieda
24
Hiroshige24 shimada.jpg
23.ª estación: Shimada 島田 Shimada
25
Hiroshige25 kanaya.jpg
24.ª estación: Kanaya 金屋, 金谷 Kanaya
26
Hiroshige26 nissaka.jpg
25.ª estación: Nissaka 日坂 Nissaka
27
Hiroshige27 kakegawa.jpg
26.ª estación: Kagegawa 掛川 Kagegawa
28
Hiroshige28 fukuroi.jpg
27.ª estación: Fukuroi 袋井 Fukuroi
29
Hiroshige29 mitsuke.jpg
28.ª estación: Mitsuke 見附 Mitsuke
30
Hiroshige30 hamamatsu.jpg
29.ª estación: Hamamatsu 浜松 Hamamatsu
31
Tokaido30 Maisaka.jpg
30.ª estación: Maisaka 舞阪 Maisaka
32
Tokaido31 Arai.jpg
31.ª estación: Arai 荒井, 新居 Arai
33
Tokaido32 Shirasuka.jpg
32.ª estación: Shirasuka 白須賀 Shirasuka
34
Tokaido33 Futagawa.jpg
33.ª estación: Futagawa 二川 Futagawa
35
Tokaido34 Yoshida.jpg
34.ª estación: Yoshida 吉田 Yoshida
36
Tokaido35 Goyu.jpg
35.ª estación: Goyu 御油 Goyu
37
Tokaido36 Akasaka.jpg
36.ª estación: Akasaka 赤坂 Akasaka
38
Hiroshige38 fujikawa.jpg
37.ª estación: Fujikawa 藤川 Fujikawa
39
Hiroshige39 okazaki.jpg
38.ª estación: Okazaki 岡崎 Okazaki
40
Tokaido39 Chiryu.jpg
39.ª estación: Chiryu 地鯉鮒, 知立 Chiryu
41
Tokaido40 Narumi.jpg
40.ª estación: Narumi 鳴海 Narumi
42
Hiroshige42 miya.jpg
41.ª estación: Miya Miya
43
Tokaido42 Kuwana.jpg
42.ª estación: Kuwana 桑名 Kuwana
44
Tokaido43 Yokkaichi.jpg
43.ª estación: Yokkaichi 四日市 Yokkaichi
45
Hiroshige45 ishiyakushi.jpg
44.ª estación: Ishiyakushi 石薬師 Ishiyakushi
46
Tokaido45 Shono.jpg
45.ª estación: Shōno[4] 庄野 Shōno
47
Hiroshige47 kameyama.jpg
46.ª estación: Kameyama 亀山 Kameyama
48
Hiroshige48 seki.jpg
47.ª estación: Seki Seki
49
Hiroshige49 sakanoshita.jpg
48.ª estación: Sakanoshita 坂ノ下 Sakanoshita
50
Hiroshige50 tsuchiyama.jpg
49.ª estación: Tsuchiyama 土山 Tsuchiyama
51
Tokaido50 Minakuchi.jpg
50.ª estación: Minakuchi 水口 Minakuchi
52
Tokaido51 Ishibe.jpg
51.ª estación: Ishibe 石部 Ishibe
53
Tokaido52 Kusatsu.jpg
52.ª estación: Kusatsu 草津 Kusatsu
54
Tokaido53 Otsu.jpg
53.ª estación: Otsu 大津 Otsu
55
Hiroshige55 kyoto.jpg
O final de Tōkaidō: Chegada a Quioto. 京師 Sanjō Ōhashi en Keishi ("A capital")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De feito, Hiroshige tiña a cabeza rapada co obxectivo de converterse nun novo monxe budista co nome de Tokubei.
  2. Nussbaum, Louis-Frédéric. (2005). "Tōkaidō Gojūsan tsugi" en Japan Encyclopedia, p. 973.
  3. Shinagawa atópase fronte á badía homónima, ó sur de Edo.
  4. Shōno é unha das estampas con máis sona de toda a colección.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=As_cincuenta_e_tres_estacións_de_Tōkaidō&oldid=5045086"