As horas de cartón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As horas de cartón
Autor/aLois Xosé Pereira
CubertaXosé Díaz
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela
EditorialXerais
Data de pub.1985
Formatorústica con lapelas
Páxinas150
ISBNISBN 978-84-7507-207-0

As horas de cartón é unha novela de Lois Xosé Pereira, publicada por Edicións Xerais en decembro de 1985, logo de recibir nese mesmo ano o II Premio Xerais[1]. Foille concedido ese ano o Premio estatal da Crítica á narrativa galega.

Argumento[editar | editar a fonte]

Clara é unha muller luguesa de 45 anos, profesora de literatura castelá. En novembro de 1975, coincidindo coa morte de Francisco Franco, fai recapitulación da súa propia vida. Está casada con Gonzalo, un médico que coñeceu mentres estudaban na Universidade de Santiago de Compostela que ten unha forte militancia política. Con el tivo un fillo, Mario, con problemas de desenvolvemento intelectual. Mais Gonzalo marchou a Inglaterra, onde ten outra parella e dúas fillas.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra vai alternando o punto de vista narrativo, usando a terceira persoa e a primeira. Hai numerosas analepses ao longo da vida dos protagonistas. É unha narración moi experimental, con parágrafos longos e puntuación inusual.

A trama discorre principalmente en Lugo, con acción tamén en Santiago de Compostela, Madrid e París.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1985, IIº Premio Xerais" Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., artigo no blog de Edicións Xerais, 8 de abril de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=As_horas_de_cartón&oldid=5270770"