Asemblea Cidadá de Cambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Asemblea Cidadá de Cambre - SON
Candidatura municipal
Dirixentes e organización
Líder Juan Campos Malaxechevarría
Historia
Fundación 2015
Posicións políticas
Ideoloxía Democracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Cambre
2 / 21
Outros datos
Páxina web asembleacambre.es

Asemblea Cidadá de Cambre (ou Asemblea Cidadá de Cambre - SON) é un movemento cidadán e político creado no concello de Cambre que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan partidos políticos, coma Anova ou Esquerda Unida e independentes[1].

Tras un proceso de primarias foi elixido como candidato a alcalde o policía local Juan Campos Malaxechevarría[2], membro da Coordinadora Nacional de Anova[3], e como número dous da lista Olga Santos López, que xa era concelleira por Esquerda Unida[2]. Tras as eleccións de maio de 2015 acadaron o posto de concelleiro ambos os dous.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asemblea_Cidadá_de_Cambre&oldid=4464979"