Asemblea constituínte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Asemblea Constituínte")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Unha asemblea ou congreso constituínte é un organismo colexiado que ten como función reformar ou redactar unha constitución, dotado para iso de plenos poderes ou poder constituínte ao que deben someterse todas as institucións públicas. Sóese definir, por algúns textos de ciencias políticas e sociais como a "reunión de persoas, representantes do pobo, que teñen ao seu cargo ditar a lei fundamental de organización dun Estado ou modificar a existente". Neste sentido, a asemblea constituínte é un mecanismo representativo e democrático para a reforma total ou parcial dunha constitución.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O concepto de asemblea constituínte remóntase a maio de 1789, cando en Versalles, Francia, se reuniron os Estados Xerais: o clero, a nobreza e o pobo, con intención de redactar de forma conxunta unha Constitución para Francia. O 9 de xullo de 1789, o terceiro estado, reunido baixo o nome de Asemblea Nacional, asumiu a calidade de Asemblea Nacional Constituínte.

Tipos de asembleas constituíntes[editar | editar a fonte]

Na actualidade poderíamos falar de dous tipos de asembleas constituíntes:

  • Asemblea constituínte non institucionalizada: aquela asemblea nacida espontaneamente, sen regulación previa. Por exemplo, a asemblea constituínte que se realizou en 1825 que deu orixe á situación francesa.
  • Asemblea constituínte institucionalizada: aquela que se encontra contemplada e regulada pola propia Constitución. Habitualmente, é unha organización temporal, electiva, representativa, democrática, pluralista, facultada só para reformar o texto constitucional, pero non nas súas estruturas básicas.

Asembleas constituíntes[editar | editar a fonte]

  • A Asemblea Nacional Constituínte francesa de 1789.
  • A Asemblea Xeral Constituínte do Ano 1813, Arxentina.
  • A Asemblea Constituínte de 1978, Perú.
  • A Asemblea Constituínte de Colombia, que aprobou a Constitución da República dese país de 1991.
  • O Congreso Constituínte Democrático que aprobou a Constitución da República do Perú de 1992.
  • A Asemblea Nacional Constituínte que aprobou a Constitución da República Bolivariana de Venezuela de 1999.
  • A Asemblea Constituínte de Bolivia, que aprobou a Constitución Política do Estado de 2007.
  • A Asemblea Nacional Constituínte de Ecuador de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asemblea_constituínte&oldid=4789429"