Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega foi unha asociación fundada co obxectivo de crear unha Academia Galega para promocionar a lingua galega. Fundouse en xuño de 1905 na Habana por iniciativa de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal a raíz da reprodución dun artigo de Manuel Murguía, "Diccionario de la lengua gallega (Necesidad de su formación y publicación)" na revista Galicia o 2 de abril de 1905 e a réplica de Nan de Allariz afirmando que non existía un patriotismo galego pola falta de fervor rexionalista do pobo galego o que produciu unha reacción na emigración galega que fixo que nese mes se constituíse unha xestora para fundar un órgano que codificase a lingua e na que participaban os máximos dirixentes do Centro Gallego, do orfeón Ecos de Galicia, da Beneficiencia de Naturales de Galicia e membros da xa desaparecida La Peña Gallega.

En 1917 tiña 433 socios e en 1923 tiña 120 asociados.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asociación_Iniciadora_y_Protectora_de_la_Academia_Gallega&oldid=3833063"