Asociación de Academias de la Lengua Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Asociación de Academias da Lingua Española")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Países con academia da lingua española.

A Asociación de Academias da Lingua Española foi creada en México en 1951 e está integrada polas 22 academias da lingua española existentes no mundo.

Por iniciativa de Miguel Alemán, presidente de México, convócase o I Congreso de Academias co propósito de traballar en unión pola integridade e crecemento do español. Celebrado entre o 23 de abril e o 6 de maio de 1951 créase a Asociación e a súa Comisión Permanente. Nesta primeira reunión non estivo presente a Real Academia Española, pero si participou na Comisión Permanente. Dende o II Congreso celebrado en 1956 en Madrid a RAE participa regularmente.

Dita colaboración entre a RAE e as demais academias exprésase na coautoría do Dicionario da Real Academia Española, a partir da 22ª edición (2001), e a edición de 1999 da Ortografía é considerada unha verdadeira obra panhispana. Proxectos conxuntos inclúen a redacción, por parte da Asociación, da Gramática e do Diccionario panhispánico de dudas, e a elaboración do Diccionario de americanismos.

Dende 2000 organiza a Escola de Lexicografía Hispánica que conta con bolsas outorgadas por un convenio entre a RAE e a Fundación Carolina para a formación de expertos en lexicografía do español.

A Asociación, xunto á Real Academia Española, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2000 con motivo dos seus esforzos de colaboración e consenso.

Organización da Asociación[editar | editar a fonte]

A Asociación (abreviadamente AALE) realiza un Congreso cada catro anos. A dirección da Asociación corresponde á Comisión Permanente, integrada por un presidente (cargo ocupado polo Director da RAE), un secretario xeral (que recae nun académico latinoamericano elixido polo Congreso), o tesoureiro da RAE e 4 vogais das academias asociadas que mudan de quenda anualmente. Dende 1960, no III Congreso de Academias celebrado en Bogotá, Colombia, apróbase un convenio multilateral polo cal os gobernos dos países que contan cunha academia da lingua comprométanse a apoiala e a dotala dos medios físicos e financeiros para a realización das súas actividades. Medidas que tamén se aplican á Asociación de Academias da Lingua Española.

Academias integrantes[editar | editar a fonte]

Coat of Arms of ASALE.svg

As seguintes Academias da Lingua Española integran a Asociación (orde segundo o ano de creación):

  • Real Academia Española (1713)
  • Academia Colombiana de la Lengua (1871)
  • Academia Ecuatoriana de la Lengua (1874)
  • Academia Mexicana de la Lengua (1875)
  • Academia Salvadoreña de la Lengua (1876)
  • Academia Venezolana de la Lengua (1883)
  • Academia Chilena de la Lengua (1885)
  • Academia Peruana de la Lengua (1887)
  • Academia Guatemalteca de la Lengua (1887)
  • Academia Costarricense de la Lengua (1923)
  • Academia Filipina de la Lengua Española (1924)
  • Academia Panameña de la Lengua (1926)
  • Academia Cubana de la Lengua (1926)
  • Academia Paraguaya de la Lengua Española (1927)
  • Academia Dominicana de la Lengua (1927)
  • Academia Boliviana de la Lengua (1927)
  • Academia Nicaragüense de la Lengua (1928)
  • Academia Argentina de las Letras (1931)
  • Academia Nacional de Letras del Uruguay (1943)
  • Academia Hondureña de la Lengua (1949)
  • Academia Puertorriqueña de la Lengua Española (1955)
  • Academia Norteamericana de la Lengua Española (1973) - integra a Asociación dende 1980.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asociación_de_Academias_de_la_Lengua_Española&oldid=4717920"