Astilleros Gondán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′21″N 7°01′32″O / 43.5391477, -7.0254492

Astilleros Gondán SA
GondanLogo.png
Gondán Shipbuilders
Edda Ferd photo 2.jpg
Barco Edda Ferd, ao fondo Gondán.
TipoSociedade Anónima
FundaciónSéculo XIX
LocalizaciónPuerto de Figueras, s/n, 33794 Castropol, Principado de Asturias Asturias
FundadorFrancisco Díaz Fernández
Persoas claveÁlvaro Platero (Director)
IndustriaNaval
ProdutosBuques, offshore
Beneficio73 672 742 € (en 2016)[1]
Número de empregados50 propios (uns 580 cos das auxiliares, en 2016)[2]
Páxina webgondan.com

Astilleros Gondán é unha empresa naval asturiana con sede nas Figueiras, Castropol, na ría de Ribadeo.

Adícase á fabricación de buques pesqueiros de alta tecnoloxía, remolcadores, buques auxiliares, patrulleiras, buques militares e de pasaxeiros. Leva construídos máis de 300 buques.[3]

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro adicado a facer buques de pesca litoral en madeira. En 1925 fúndase Astilleros Gondán e trasládanse á localización actual. En 1969 inician a construción de pesqueiros en aceiro construíndo 100 en 10 anos. En 1978 comezan a fabricar buques para armadores estranxeiros. En 1995 comeza a fabricación de todo tipo de buques. En 2009 inicia a construción de buques en fibra de vidro.

Fabricación[editar | editar a fonte]

Ó longo da súa historia, de fabricar só barcos de pesca a nivel España pasou á ionternacionalización cunha gran diversidade de barcos, dende catamaráns de pasaxe a patrulleiras para a Garda Civil ou países estranxeiros, pasando por buques de subministro a estacións petrolíferas, remolcadores ou barcos-escola.

Instalacións[editar | editar a fonte]

  • Porto de As Figueiras, base da 'división aceiro'.[4]
  • Planta de Castropol (Porto da Veiga), base da 'división fibra'.
  • Polígono Industrial de Barres.

Gondán ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Stril Luna, buque de apoio a plataformas petrolíferas, elixido buque do ano en Europa en 2014[5]
  • Premio Familia Empresaria de Asturias 2015[6]
  • Premio de OSJ polo buque Edda Ferd de mantemento de torres eólicas en 2017.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Astilleros_Gondán&oldid=5134851"