Ateneo Republicano de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) é unha asociación política fundada en 1998 na Coruña, que avoga pola implantación da III República en España.

A actividade do ateneo concéntrase na promoción de debates, tertulias e exposicións que propaguen e difundan os valores éticos da tradición liberal republicana. Entre outras campañas, o Ateneo Republicano de Galicia dirixiuse ás consellerías de Cultura e Presidencia da Xunta de Galicia para solicitar que se redacte unha lei que regule a supresión dos símbolos franquistas de Galicia, e propuxo que o Centro da Memoria Histórica de Galicia situado na illa de San Simón, se movese a Ferrol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ateneo_Republicano_de_Galicia&oldid=4479697"