Atentado de Niza de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Atentado de Niza de 2016
2016 Nice attack.png
Ruta do atentado no paseo dos ingleses (Niza).
Lugar Paseo dos Ingleses, Niza, Flag of France.svgFrancia
Coordenadas 43°41′28″N 7°14′51″L / 43.691111111111, 7.2475Coordenadas: 43°41′28″N 7°14′51″L / 43.691111111111, 7.2475
Data 14 de xullo de 2016
22:40 (CET)
Tipo de ataque Asalto con vehículo e tiroteo
Arma(s) Renault Midlum
Mortos +84[1][2]
Feridos 458[3]
Perpetrador(es) Home francés de 31 de orixe tunesina (sen confirmar)[4][5]
Motivo Xihadismo
Paseo dos Ingleses de Niza, onde ocurreu o ataque.

O atentado de Niza de 2016 foi un ataque terrorista que tivo lugar na cidade francesa de Niza o 14 de xullo de 2016, cando un camión pasou por riba, sobre as 22:40, dunha multitude que estaba festexando o Día Nacional de Francia, no paseo dos Ingleses, moi preto do Hotel Negresco. O condutor do camión foi abatido pola policía, despois de percorrer uns 2 quilómetros e disparando ó mesmo tempo. Até o de agora hai 84 mortos e máis de 200 feridos.[6][7] Segundo Nice Matin, un xornal local, producíronse escenas de pánico entre a poboación, que comezou a correr en tódalas direccións. As forzas da orde, militares incluídos, estabeleceron un perímetro de seguridade.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Dende 2012, Francia está baixo a sombra do terrorismo islamista. Redadas na busca de terroristas son a resposta á ameaza que fixo en 2015 o grupo Estado Islámico (tamén coñecido como ISIS ou Dáesh): "A Francia quédalle moito por sufrir".

  • En marzo de 2012 tivo lugar o primeiro ataque terrorista de Francia. Neste atentado, un francés de orixe alxeriano, Mohammed Merah, asasinou catro persoas nunha escola xudía de Tolosa. Despois de fuxir, a policía acurralouno nun apartamento da cidade e foi abatido nun tiroteo.
  • En xaneiro de 2015, produciuse un dos atentados con máis repercusión: uns encarapuchados entraron na sede da revista satírica Charlie Hebdo e asasinaron 12 persoas. Foron identificados como os irmáns Kouachi e foron abatidos logo de agocharse nunha imprenta.
  • En novembro de 2015, 130 persoas morreron e cando menos 300 resultaron feridas polos atentados no teatro Bataclan (90 mortos); no restaurante Le Petit Cambodge; o local Belle Équipe; o bar Le Carrillon e o Boulevar Fontaine. Dos nove terroristas que participaron no ataque, sete inmoláronse. Os dous que sobreviviron foron detidos tempo despois en Bruxelas.
  • En xuño de 2016, un policía e a súa muller foron asasinados a coiteladas en Niza, nun ataque reivindicado por Daesh.

En 2015, despois do ataque do Charlie Hebdo, Francia radicalizou a súa postura contra o terrorismo e enviou un portaavións para axudar á coalición a bombardear posicións de ISIS.

Estado de emerxencia[editar | editar a fonte]

Dende os atentados de novembro de 2015, Francia atópase en estado de emerxencia. A mañá do 14 de xullo de 2016, só unhas horas antes do atentado de Niza, o presidente de Francia François Hollande afirmou que poría fin ó estado de emerxencia unha vez rematado o Tour de Francia o 26 de xullo de 2016.[8] Porén, despois do atentado, declarou que o mantería tres meses máis.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Le Figaro (ed.). "EN DIRECT – Attentat sur la promenade des Anglais à Nice" (en francés). Francia. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  2. ABC (ed.). "Terror Attack on Nice: At Least 80 Dead After Grenade-Filled Truck Plows Into Crowd, Officials Say". Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  3. BBC News, ed. (15 de xullo de 2016). "Dozens killed during Bastille Day celebrations". 
  4. Russia Today (ed.). "'Truck attack' on Bastille Day in Nice". Rusia. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  5. Reuters (ed.). "Truck attacker plows into French crowd, kills 84 celebrating Bastille Day". reuters.com. Reino Unido. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  6. "Decenas de muertos en Niza por un ataque terrorista con un camión". 
  7. "Al menos 77 muertos en Niza en un ataque terrorista tras ser arrollados por un camión". 
  8. "Hollande confirms the end of a state of emergency after the Tour de France". Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  9. The New York Times, ed. (14 de xullo de 2016). "Truck Attack in Nice, France: What We Know, and What We Don’t". Consultado o 15 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atentado_de_Niza_de_2016&oldid=4441624"