Atentados de Bruxelas de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Atentados de Bruxelas de marzo de 2016
Atentados de Bruselas de marzo de 2016.jpg
Aeroporto de Bruxelas, Estación Maelbeek/Maalbeek
Lugar Greater coat of arms of the City of Brussels.svg Bruxelas Bélxica Bélxica
Coordenadas 50°53′52″N 4°29′00″L / 50.897775388889, 4.4833391944444Coordenadas: 50°53′52″N 4°29′00″L / 50.897775388889, 4.4833391944444
Data 22 de marzo de 2016
8:00 a.m. -tempo aproximado- (Bruxelas, Madrid)
Tipo de ataque Ataque terrorista suicida
Arma(s) Bombas
Mortos 33 (31 vítimas e 2 terroristas)[1]
Feridos 250 persoas[1]
Sospeitoso(s) Estado Islámico
Motivo xihadismo

Os atentados de Bruxelas de marzo de 2016 tiveron lugar o día 22 de marzo de 2016 no aeroporto e varias estacións do metro de Bruxelas, onde finaron polo menos 33 persoas e 250 resultaron feridas.[2][3]

Ataques[editar | editar a fonte]

Aeroporto[editar | editar a fonte]

Houbo dúas explosións no Aeroporto de Bruxelas pouco despois das oito da mañá.[4] Unha delas na terminal internacional de saídas, preto dos mostradores de American Airlines e SN Brussels Airlines. Segundo os medios franceses, a outra explosión tivo lugar na pista.[5] As autoridades belgas confirmaron que as explosións foron provocadas por un terrorista suicida.[5]

Metro[editar | editar a fonte]

Imaxe da estación de Maelbeek.

Unha explosión tivo lugar no traxecto entre as estacións de metro de Maelbeek e Schuman, preto do Parlamento Europeo, ás 09:11 CET.[5][6] O Metro de Bruxelas foi pechado como consecuencia da explosión.[5][7]

Vítimas[editar | editar a fonte]

Mortos por país de orixe
Nacionalidade Morte
Por determinar 30
Flag of Peru.svgPerú * 1[8]
Total 31[8]
* Algunhas vítimas teñen máis de unha nacionalidade. Os datos están baseados nos datos preliminares e poden estar incompletos.

Nos atentados, polo menos 33 persoas, incluíndo os dous terroristas suicidas, resultaron mortos e outras 250 persoas feridas, algunhas delas de xeito crítico.[9] Trece persoas morreron no Aeroporto de Bruxelas, mentres que os outros 20 morreron na estación de metro.[10] 81 persoas resultaron feridas no aeroporto, mentres que o resto, resultaron feridas no metro.[11] Este atentado foi o máis grave sufrido en Bélxica en toda a súa historia.[5][12]

Autores[editar | editar a fonte]

Fotograma dunha cámara de seguridade do aeroporto no que se poden ver os tres sospeitosos de realizar o atentado (Khalid e Brahim el-Bakraoui, e Najim Laachraoui (dereita).

Sospeitase que os irmáns, Khalid e Brahim el-Bakraoui, foron os terroristas suicidas que fixeron estoupar as bombas no aeroporto de Bruxelas.[13] Un terceiro home, foi visto xunto a eles nas gravacións de seguridade do aeroporto,[5][14] e foi identificado como Najim Laachraoui.[13][15] A policía belga emitiu unha orde de captura contra el.[16] Estes homes están relacionados coa mesma célula terrorista que perpetrou os ataques terroristas de París en novembro de 2015.[17]

No vídeo de seguridade, os tres homes aparecen empuxando un carro con maletas, nas que se cree que estaban aloxadas as bombas. Segundo o taxista que os levou ao aeroporto, tratou de axudalos coas maletas, pero eles negáronse.[18] Os irmáns el-Bakroui levan un guante na man esquerda, que segundo se cre, serviu para ocultar o detonador.[19]

Horas despois dos atentados, a policía foi levada a un domicilio en Schaerbeek, situado ao norte de Bruxelas, polo condutor do taxi que levou aos sospeitosos ao aeroporto.[18] Tras entrar no domicilio, atoparon restos de materiais químicos, unha bandeira do Estado Islámico, entre outros materiais explosivos.[5]

Laachraoui foi arrestado no suburbio bruxelés de Anderlecht o 23 de marzo.[15][20][21]

Reaccións[editar | editar a fonte]

Bélxica[editar | editar a fonte]

O Órgano de Coordinación para a Análise da Ameaza (OCAM polas súas siglas en francés) activou o nivel 4 de alerta en todo o territorio nacional de Bélxica.[22]

Os voos, instalacións ferroviarias, metro e demais instalacións de transporte, así como colexios e instalacións públicas foron pechadas.[23] Así mesmo, o Parlamento Europeo foi evacuado e todas as reunións foron canceladas.[24] O campus da ULB (Universidade libre de Bruxelas) foi evacuado[25].

O Ministro de Interior belga anunciou que o nivel de alerta terrorista sería elevado ao máximo por mor dos ataques.[26]

Israel[editar | editar a fonte]

Pouco despois de coñecerse a noticia das explosións, Israel emitiu unha prohibición a todos os voos procedentes de Europa. A prohibición ten vixencia desde as 10:30 ata a media noite (hora de Israel). Esta prohibición non afecta aos voos saíntes do país.[27]

Países Baixos[editar | editar a fonte]

Na fronteira entre Bélxica e os Países Baixos veuse reforzada a presenza policial.[28] A seguridade reforzouse no Aeroporto de Schiphol.[29] A seguridade tamén veuse reforzada nas catro principais estacións de tren e nas estacións fronteirizas con Bélxica.[30]

Francia[editar | editar a fonte]

A fronteira entre Francia e Bélxica pechouse.[31] O Ministro de Interior de Francia, Bernard Cazeneuve indicou que Francia aumentará a presenza policial nas fronteiras, e será obrigatorio levar tarxetas de identificación no transporte público.[32]

O Primeiro Ministro Manuel Valls afirmou que Europa está en guerra desde hai varios meses.[33] Pola súa banda, a alcaldesa de París Anne Hidalgo, anunciou que a Torre Eiffel iluminarase coas cores da bandeira de Bélxica a tarde do 22 de marzo.[34]

A estación de tren parisina, Gare du Nord que ofrece servizos ata Bruxelas foi pechada de xeito temporal.[35]

Reino Unido[editar | editar a fonte]

No Reino Unido a seguridade aumentou no Aeroporto de Gatwick.[4] O Primeiro Ministro David Cameron convocou o comité de emerxencia para analizar a situación.[36]

España[editar | editar a fonte]

Unha primeira comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo responsabiliza ao grupo DAESH dos atentados.[37]

Europa[editar | editar a fonte]

Todas as bolsas europeas rexistraron fortes caídas tras coñecerse a noticia.[38]

Redes sociais[editar | editar a fonte]

Horas despois do atentado o cancelo #JeSuisBruxelles e imaxes de Tintín chorando foron utilizadas nas redes sociais como reacción dos cidadáns fronte á masacre.[39][40][41][42][43]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Attentat suicide à Zaventem confirmé, explosion à Maelbeek: respectivement 11 et 15 morts" (en French). 2016-03-22. 
  2. "El Progreso". 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  3. "CNN" (en inglés). 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  4. 4,04,1 "Brussels Zaventem airport and metro explosions 'kill at least 13'". BBC. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  5. 5,05,15,25,35,45,55,6 Matthew Weaver (22 de marzo de 2016). "Brussels Airport explosions – live updates". The Guardian. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  6. hrt. "Vrees voor doden bij explosie in metrostation Maalbeek". De Standaard. 
  7. @STIBMIVB (22 de marzo de 2016). "All metro stations are closing" (Tweet) – vía Twitter. 
  8. 8,08,1 deredactie.be, ed. (23 de marzo de 2016). "Peruviaanse moeder onder slachtoffers van Zaventem" (en dutch). 
  9. Gillian Mohney (22 March 2016). "Brussels Attack: What We Know About the Americans Injured". ABC News. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  10. Victoria Shannon (22 de marzo de 2016). "Brussels Attacks: What We Know and Don’t Know". The New York Times. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  11. Kim Hjelmgaard; Delphine Reuter; John Bacon (22 March 2016). "Islamic State claims responsibility for Brussels attack that killed dozens". USA Today. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  12. Neuger, James. "Belgium's Worst Terror Attack Ever Leaves 31 Dead in Brussels". Bloomberg Business. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  13. 13,013,1 "Brussels attacks: 'Two brothers' behind airport suicide bombings". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  14. Bill Chappell (22 March 2016). "Terrorist Bombings Strike Brussels: What We Know". NPR. Consultado o 22 March 2016. 
  15. 15,015,1 "Exclusif: Najim Laachraoui arrêté à Anderlecht ! (DIRECT)". DH. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  16. "Brussels attacks: Police hunt Zaventem bombings suspect". BBC News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  17. Michael Isikoff (22 March 2016). "U.S. officials believe more terrorists tied to Brussels attack are at large, plotting new strikes". Yahoo! News. Consultado o 22 March 2016. 
  18. 18,018,1 David Lawler; Danny Boyle (22 March 2016). "Brussels attacks: 34 killed and hundreds wounded as Islamic State claims responsibility for airport and Metro bombings – live". The Daily Telegraph. Consultado o 22 March 2016. 
  19. "This detail about how the suspected Brussels suicide bombers wore their gloves might have been a giveaway". Business Insider. Consultado o 22 March 2016. 
  20. "Brussels attacks: Fugitive Najim Laachraoui 'arrested in Anderlecht by special forces unit' according to reports - latest". The Telegraph. 22 March 2016. 
  21. "Brussels airport attacker 'arrested'". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  22. "Attaques de Bruxelles: la police de Mons-Quévy ferme ses commissariats de proximité" (en francés). La Province. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  23. "Bélgica cancela la circulación del metro en Bruselas ante el riesgo "inminente" de atentados". Público. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  24. De Diego, Sara (22 de marzo de 2016). "Al menos 23 muertos en el aeropuerto y una estación de metro de Bruselas". El Confidencial. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  25. "Contraints par les dernières... - ULB-Université libre de Bruxelles | Facebook". Consultado o 2016-03-22. 
  26. "Deadly explosions rock Brussels Airport". CBS News. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  27. ""Israel Bans Incoming Flights from Europe (Temporarily)"". Consultado o 22 March 2016. 
  28. "Brussels Blasts Knock Air Travel EU-Wide". Sky News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  29. "Schiphol verscherpt maatregelen". Telegraaf (en neerlandés). Consultado o 2016-03-22. 
  30. "Rutte: aanslagen Brussel aanval op vrijheid en veiligheid". nos.nl. Consultado o 2016-03-22. 
  31. "Conflict News (@Conflicts) - Twitter". twitter.com. Consultado o 2016-03-22. 
  32. @SkyNews (22 de marzo de 2016). "French Interior Minister Bernard Cazeneuve talks French response to #Maalbeek and #Zaventem attacks" (Tweet) – vía Twitter. 
  33. "LVdG Directo". Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  34. "Liveblog zu Attentaten in Brüssel" (en German). Tagesschau. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  35. "Brussels explosions: Full list of Zaventem airport diverted, cancelled and arrived flights". International Business Times UK. Consultado o 2016-03-22. 
  36. Ashley Cowburn (22 March 2016). "Brussels attacks live updates: ‘Around 23 dead and 35 injured’ after three explosions around city". Consultado o 22 March 2016. 
  37. "Margallo responsabiliza a Daesh de los atentados de Bruselas". Eldiario.es. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  38. "Nuevo revés bursátil a las empresas más vinculadas al turismo". Expansión. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  39. "#JeSuisBruxelles messages flood social media after terror attack". USA TODAY. 22 March 2016. 
  40. "Social media users share crying Tintin in Brussels aftermath". Yahoo News. 22 March 2016. 
  41. "Brussels attack: #JeSuisBruxelles dominates social media". 22 March 2016. 
  42. Christina Zdanowicz CNN (22 March 2016). "World mourns for Brussels on social media". WBAL-TV. 
  43. Samuel Osborne (23 March 2016). "Brussels bombings: Social media reaction to attacks criticised as disproportionate compared to Ankara". The Independent. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atentados_de_Bruxelas_de_2016&oldid=4483518"