Atol Arno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arno
Atol Arno
Datos
País Illas Marshall
Illa principal Kobjeltak
Linguas
Poboación (1999) 2.069 hab.
Superficie 13 km²
Superficie lagoa 338´7 km²
Nº de illas 133
Coordenadas 07°05′00″N 171°42′00″L / 7.08333, -171.70000
Maior Altura
Localización
Localización do atol de Arno

Arno é un atol de 133 illas no Océano Pacífico. É un distrito lexislativo das Illas Marshall na cadea Ratak. O territorio abarca 13 quilómetros cadrados de terra firme. A diferenza da maioría dos outros atois, Arno inclúe tres diferentes lagoas, unha gran lagoa central, e dúas máis pequenas no norte e o leste. A súa lagoa principal inclúe unha superficie de 338´7 km². A unha distancia de só 20 km, é o atol máis próximo á capital das Illas Marshall, o atol Majuro, e pódese ver mirando cara ao leste desde Majuro nun día claro. Atópase aproximadamente a 47 km. ao leste de Ujae.

A poboación do atol Arno era de 2.069 segundo o censo de 1999. Os illotes máis poboados son Ajeltokrok, Kobjeltak, Rearlaplap, Langor e Tutu. O pobo máis grande é Ine, Arno.

Os habitantes de Arno son ben coñecidos pola súa produtividade na fabricación de copra (a carne seca de coco, da que é extraído o aceite de coco). As mulleres de Arno son famosas pola produción da Bolsa de Kili, un popular bolso tecido a man, o nome doutra illa nas Illas Marshall (á que a poboación do atol Bikini foi finalmente trasladada como consecuencia das probas nucleares dos EUA que se levaron a cabo no seu atol). En Arno supostamente había unha tradicional "escola de amor".

Historia[editar | editar a fonte]

O atol Arno foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio do Xapón. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, o atol Arno quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da República das Illas Marshall desde 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atol_Arno&oldid=4548373"