Atricondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Atricondo foi unha mansión na antiga Vía Romana XX per loca maritima do itinerario de Antonino entre Glandimiro st. CLXXX e Brigantium m.p.. Descoñécese a súa posición exacta na vía pero suxeriuse que podería estar preto da lagoa de Alcaián antes de Coristanco[1][2] ou que puidese estar ao saír da vía de Ardemil, Ordes, como no lugar do Castro Maior de Vizoño, Abegondo.[3][4][5]

Lugar[editar | editar a fonte]

Non existen restos arqueolóxicos descubertos de Atricondo e a súa posición exacta na vía XX segue en debate. No texto da vía XX cítase a esta mansión colocándoa entre «...Glandimiro st. CLXXX, Atricondo m.p. XXII, Brigantium m.p. XXX...». Os primeiros estudos arqueolóxicos propuxeron que estaría preto da lagoa de Alcaián, chegando a Seavia, Coristanco, cando o camiño iría en dirección Carballo[1] ou outros que Atricondo estaría en Trigunde, Restande, Trazo[6] antes de ir camiño de Brigantium, que sería Sobrado[7]. Despois outros autores situárona no punto máis occidental da via XX despois nunha ruta en dirección Norte-Oeste no Val de Barcala chegando a Glandimiro (Brandomil).[8][2]

Outra das liñas que se postularon desde o 2000 foron que Atricondo sería unha desviación da vía desde Carballo cara a Cidadela de Brigantium, que sería A Ciadella, Sobrado, e a Lucus Augusti, Lugo, e que correspondería cunha mansión nalgún lugar de Abegondo.[3][4] Esta proposta situaríaa ao medio do camiño entre Gladimiro, Carballo, e Brigantium, A Ciadella, Sobrado, e que corresponde cun punto ao pasar o Mesón do Vento, Ardemil e antes de chegar ao Hospital de Bruma ou ao Castro Maior de Vizoño. Refírense a que ese lugar que é un punto natural de desvío a varias áreas do norte galego.[5]

Esta última proposta estaría apoiada polos lugares con similitude toponímica. Atricondo, ten a variante Trigondo (ao igual que o lugar que se cita en Restande, Trazo) é un topónimo prerrománico perdido, mais que ten unha similitude cos topónimos xermánicos que abundan nunha área: o de Abegondo, Bergondo, Cullergondo e Mabegondo. Estes teñen unha raíz céltica -*kondo que podería significar algo como cabeza ou protuberancia.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Caamaño Gesto, J.M.; Naveiro López, J. (1992). Facultade de Xeografía e Historia, Departamento de Historia I, Universidade de Santiago de Compostela, eds. Aportaciones al estudio de la red viaria romana de la provincia de La Coruña (en "Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil". Santiago de Compostela. 
  2. 2,02,1 Rodríguez Colmenero, Antonio; Ferrer Sierra, Santiago; Álvarez Asorey, Rubén D. (2004). "Capítulo VI: A auténtica ruta Per Loca Maritima e a súa relación ca ruta Per Loca Maritima do Itinerario de Antonino". En Deseños de Purificación Souto Corredoira e Lorena Lastres Villar, versión ó galego de Lourdes Vaz Justo. CALLAECIÆ ET ASTVRIÆ ITINERA ROMANA: Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico. Gran Formato. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. pp. 603, 730–731, 851–853. ISBN 84-95415-87-9. Consultado o 27/05/2018. Só posicionada nas figuras 19 da páx. 851 e na figura 21 da páx 853 
  3. 3,03,1 Franco Maside, Rosa María (2000). "Rutas naturais e vias romanas na provincia de A Coruña". Gallaecia 19: 143–170. ISSN 0211-8653. 
  4. 4,04,1 Franco Maside, Rosa María (2001). "Vía per loca maritima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia". Gallaecia 20: 217–248. ISSN 0211-8653. 
  5. 5,05,1 Franco Maside, Rosa María (2002). "Lares viales na provincia de A Coruña". Gallaecia 21: 215–222. ISSN 0211-8653. 
  6. López Ferreiro, Antonio (1898). Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central, eds. Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela I. Santiago de Compostela. p. 275. Linar Trigonde 
  7. Vázquez Gómez, Xosé Luís (1991). "La Coruña en época romana”. Ciudad y Torre . Roma y la Ilustración en la Coruña". A Coruña: 35–40. 
  8. Domínguez Rial, Evaristo; Lema Suárez, Xosé Mª (2016). Concello de Zas, eds. Brandomil (San Pedro) (PDF). 
  9. Moralejo, Juan J. (2009). "Toponimia de las vías romanas de Galicia.". Acta Paleohispánica X 9: 189–202. ISSN 1578-5386. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atricondo&oldid=4747698"