August Leskien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
August Leskien
August Leskien.png
August Leskien
Nome completoJohann Heinrich August Leskien
Nacemento8 de xullo de 1840
 Kiel
Falecemento20 de setembro de 1916 (76 anos)
 Leipzig
SoterradoSüdfriedhof
NacionalidadeImperio Alemán
Alma máterUniversidade de Leipzig
Ocupaciónlingüista e catedrático de universidade
PremiosAlbert Order e sen etiquetar
August Leskien signature.png
editar datos en Wikidata ]

Johann Heinrich August Leskien, nado en Kiel o 8 de xullo de 1840 e morto en Leipzig o 20 de setembro de 1916, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX. O seu nome está unido á lei que promulgou: a Lei de Leskien sobre a regularidade do cambio fonético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Kiel[1], August Leskien estudou filoloxía na Universidade de Kiel e na de Leipzig, onde en 1864 conseguiu o doutoramento. Desde ese ano ao 1866 ensinou grego e latín na Thomasschule zu Leipzig. En 1866 estudou lingüística comparada na Universidade de Jena, onde foi alumno de August Schleicher e obtivo a habilitación docente o ano seguinte. Desde o 1867 foi profesor na Universidade de Gotinga, desde o 1869 en Jena e desde o 1870 en Leipzig; alí ensinou Filoloxía eslava[1], converteuse en titular en 1876 e conservou a cátedra ata 1916[2], ano da súa morte.

No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e Hermann Osthoff, Leskien foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle en particular profundos estudos sobre as linguas eslavas e bálticas[1][2]; figura entre os fundadores da revista especializada Archiv für slavische Philologie. Legou o seu nome a unha lei fonética (a chamada "lei de Leskien"), segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, resulta sempre co mesmo resultado, sen excepcións[2][3].

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • (en latín) Rationem quam I. Bekker in restituendo digammo secutus est, Leipzig, F. A. Brockhaus, 1866.
  • (en alemán) Zur neusten Geschichte der slawischen Sprachforschung, Berlín: Schade. 1868.
  • (en alemán) Handbuch der altbulgarischen (altkirchenslavischen) Sprache. Grammatik, Texte, Glossar, Weimar, H. Böhlau, 1871. Agora en Leskien, August (2002). Otto A. Rottmann, ed. Handbuch der altbulgarischen (altkirchenslavischen) Sprache. Grammatik, Texte, Glossar. Heidelberg: Winter. ISBN 3-8253-1401-4. 
  • (en alemán) Leben und Wachstum der Sprache (con William Dwight Whitney), Leipzig: F. A. Brockhaus, 1876.
  • (en alemán) Die Declination im Slavisch-Litauischen und Germanischen, Leipzig, S. Hirzel, 1876. Agora en Leskien, August (1963). Die Declination im Slavisch-Litauischen und Germanischen. Leipzig: Zentralantiquariat der DDR. 
  • (en ruso) Grammatika staroslavjanskogo jazyka (s dopolneniempo jazyku Ostromirova Evangelija), Moscova. 1890.
  • (en alemán) Litauische, volkslieder und märchen, aus dem preussichen und dem russichen Litauen (con Karl Brugmann), Estrasburgo. K. J. Trubner. 1882.
  • (en alemán) Zur Kritik der künstlichen Weltsprachen (con Karl Brugmann), Estrasburgo: K. J. Trubner. 1907.
  • (en alemán) Litauisches Lesebuch mit Grammatik und Wörterbuch, Heidelberg: Winter. 1919.

Traducións e colaboracións[editar | editar a fonte]

  • (en alemán) Allgemeine Encyclopädie der Wissenschaften und Künste (editado por Johann Samuel Ersch e Johann Gottfried Gruber), Leipzig, F. A. Brockhaus. Volumes baixo a responsabilidade de Leskien:
    • 2: H-N. 32., K - Karabulaken (1882).
    • 2: H-N. 33., Karachitaier - Karl V. von Lothringen (1883).
    • 2: H-N. 34., Karl (Herzog von Guise) - Kauffahrer (1883).
    • 2: H-N. 35., Kaufmann - Khôrasân (1884).
    • 2: H-N. 36., Khorsabad - Klein (Julius Leopold) (1884).
    • 2: H-N. 37., Kleinasien - Kochen (1885).
    • 2: H-N. 38., Kocher - Köppen (Friedrich) (1885).
    • 2: H-N. 39., Köppen (Peter v.) - Kriegk (1886).
    • 2: H-N. 40., Kriegsakademie - Kurzsichtigkeit (1887).
    • 2: H-N. 41., Kusnezk - Landsmannschaften (1887).
    • 2: H-N. 42., Landstände - Lehrte (1888).
    • 2: H-N. 43., Leibeigenschaft - Ligatur (1889).

Misceláneas[editar | editar a fonte]

  • (en alemán) Hans Holm Bielfeldt, ed. (1975). Slavische und baltische Forschungen. Sämtliche Leipziger Akademieschriften 1875-1911. Leipzig: Zentralantiquariat der DDR. 
  • (en alemán) Ernst Eichler; Gerhart Schröter, ed. (1991). August Leskiens Vorlesungen zur vergleichenden Grammatik der slawischen Sprachen. Berlín: Akademie Verlag. ISBN 3-05-001064-9. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 "Voce August Leskien in Enciclopedia Treccani". Consultado o 24 de outubro de 2009. 
  2. 2,02,12,2 (en inglés) "Voce August Leskien in Encyclopædia Britannica". Consultado o 26 de outubro de de 2009. 
  3. Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 213-221, 340.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Einhauser, Eveline (1989). Die Junggrammatiker. Ein Problem für die Sprachwissenschaftsgeschitchtsschreibung. Treviri: Wissenschaftlicher Verlag (en alemán). ISBN 3-922031-13-7. 
  • Villar, Francisco (1991). Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia. Madrid: Gredos (en español). ISBN 84-249-1471-6. 
  • Watkins, Calvert (1995). "El proto-indoeuropeo". En Anna Giacalone Ramat, Paolo Ramat. Las lenguas indoeuropeas. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-1348-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=August_Leskien&oldid=5109063"