Augusto Barcia Trelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Augusto Barcia Trelles
Augusto Barcia Trelles 1936.jpg
Nacemento5 de marzo de 1881
 A Veiga
Falecemento19 de xuño de 1961
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, diplomático e xurista
editar datos en Wikidata ]

Augusto Barcia Trelles, nado na Veiga o 5 de marzo de 1881 e finado en Buenos Aires o 19 de xuño de 1961, foi un avogado, escritor e político republicano asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito e avogado, era irmán de Camilo Barcia Trelles. Foi elixido deputado polo Partido Reformista de Melquíades Álvarez nas Cortes entre 1916 e 1923. Trala proclamación da Segunda República, afiliouse a Acción Republicana, o partido de Manuel Azaña, sendo deputado en 1933 e 1936, e presidente das Cortes en 1935.

Co-fundador o 11 de febreiro de 1933 da Asociación de Amigos da Unión Soviética. Defendeu a Lluís Companys e demais membros do goberno da Generalitat de Cataluña pola súa participación na proclamación do Estado Catalán en outubro de 1934.

Logo da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado Ministro de Estado nos sucesivos gobernos de Manuel Azaña, Santiago Casares Quiroga, Diego Martínez Barrio e José Giral, ademais de actuar por un breve período de dous días (entre o 11 e o 13 de maio de 1936) como presidente do goberno logo da dimisión de Manuel Azaña ao ser elixido presidente da República.

Foi o último presidente da Comisión de Compras de Armamento en París, cargo que abandonou ao saber da caída de Cataluña en mans franquistas, exiliándose en América. Actuou, despois do final da Guerra Civil, como Ministro de Facenda nos dous primeiros gobernos da República no exilio de José Giral.


Predecesor:
Joaquín Urzáiz Cadaval
 Ministro de Estado 
1936
Sucesor:
Justino Azcárate
Predecesor:
Justino Azcárate
 Ministro de Estado 
1936
Sucesor:
Julio Álvarez del Vayo
Predecesor:
Manuel Azaña
 Escudo de la Segunda República Española.svg
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1936
Sucesor:
Santiago Casares Quiroga

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Augusto_Barcia_Trelles&oldid=5002110"