Augusto Roa Bastos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Augusto Roa Bastos
Escritor Augusto R. Bastos.jpg
Nacemento 13 de xuño de 1917
  Asunción
Falecemento 26 de abril de 2005
  Asunción
Nacionalidade Paraguai e España
Ocupación xornalista, escritor, guionista e catedrático de universidade
Coñecido/a por I, the Supreme e Hijo de hombre
Premios Premio Miguel de Cervantes e Kurt Tucholsky Prize
editar datos en Wikidata ]

Augusto Roa Bastos, nado en Asunción (Paraguai) en 1917 e finado o 26 de abril de 2005, foi un escritor en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia deu mostras de interese pola lectura e o xornalismo[1]. Dende novo compaxinou o seu traballo na banca con colaboracións xornalísticas. Trala Guerra do Chaco, cursou estudos de Dereito e Economía[1]. Posteriormente, no 1947, tivo que exiliarse a Arxentina polas súas colaboracións en xornais independentes[1]. Viviu en diversos países coma Arxentina (onde publicou os seus primeiros libros) e España (onde obtivo a nacionalidade no 1983). Finalmente o seu exilio rematou cincuenta anos despois.

Obra[editar | editar a fonte]

Algunhas das obras máis senlleiras son:

  • Hijo de Hombre
  • Yo, el Supremo
  • El trueno entre las hojas
  • Madera quemada
  • El Baldío
  • Los congresos
  • El sonámbulo

Premios e condecoracións[editar | editar a fonte]

  • 1989, Premio Cervantes
  • 1995, Premio nacional de literatura do Paraguai pola súa obra Madame Sui
  • 1997, Orden de Cabaleiro da lexión de honor da República Francesa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Roa Bastos, Augusto (2001). Yo, el Supremo. ISBN 84-8130-303-8. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Augusto_Roa_Bastos&oldid=4824679"